Skip to main content
STG

A terceira edición do Máster en Psicoloxía do Deporte inaugúrase este venres

A sesión inaugural da terceira edición do Máster en Psicoloxía do Deporte celebrarase este venres 16 ás 17.00 horas coa intervención do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Leta Lasa, que ofrecerá unha conferencia no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía co título ‘O deporte en Galicia: fortalezas e debilidades en 2015’.

Na mesma sesión, tamén intervirán o ex xogador profesional de baloncesto e actual presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva, Miguel Juane, cunha reflexión sobre a súa visión sobre o dereito deportivo, e o psicopedagogo e especialista en oratoria Antonio Sánchez que profundará nas estratexias de comunicación e de presentación dos traballos fin de máster. Este posgrao está dirixido polo profesor Constantino Arce.

The contents of this page were updated on 10.15.2015.