Skip to main content
STG

Os reitores das universidades públicas españolas piden o fin das medidas excepcionais que afectan ao estudo, á docencia e á investigación

O reitor Juan Casares lee o comunicado entre os vicerreitores Pablo Ramil (esquerda) e Pedro García Herradón
O reitor Juan Casares lee o comunicado entre os vicerreitores Pablo Ramil (esquerda) e Pedro García Herradón
Casares lee na Facultade de Humanidades o comunicado no que a CRUE urxe o fin dos dos recortes educativos ante as afirmacións de perspectivas de melloría económica

O reitor da USC, Juan Casares, puxo voz este mércores ao comunicado conxunto elaborado polo comité permanente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), a través do que as devanditas institucións académicas demandan o remate das “medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo” aprobadas por decreto no ano 2012 e que afectan ao estudo, á docencia e á investigación.

A lectura pública deste comunicado da CRUE fíxose de xeito simultáneo este mediodía en todas as universidades públicas españolas, segundo acordou previamente a CRUE, que logo de cualificar as medidas excepcionais adoptadas por decreto de “ especialmente dolorosas e dificilmente xustificables polo seu mínimo impacto económico”, demanda a supresión de tales medidas ante as afirmacións dunha perspectiva de melloría económica en España. O reitor da USC, de igual maneira que o os demais reitores e reitoras das universidades públicas españolas, foi o encargado de poñerlle voz a este comunicado reivindicativo da CRUE, e fíxoo nun acto público celebrado no vestíbulo da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, onde logo presidiu o acto académico conmemorativo da festividades de San Isidoro, patrón das Humanidades.

The contents of this page were updated on 04.30.2014.