Skip to main content
STG

Google e IAB Spain organizan cursos gratuítos de márketing dixital na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

A inscrición nestes programas formativos, que se desenvolverán nos meses de marzo, abril e maio, está aberta no enderezo electrónico www.formacionactivate.es

Google e IAB Spain, a marca que engloba todo o traballo de investigación da asociación do sector da publicidade en medios dixitais en España, desenvolverán tres cursos gratuítos de márketing dixital na Facultade de Económias e Empresariais de Compostela. Estes seminarios, dirixidos a titulados universitarios de calquera carreira, ofrece a oportunidade de formarse no eido do márketing dixital a través dun curso dunha semana de duración e que se desenvolverá en horario de 9.00 a 18.30 horas. O contido deste programa formativo abrangue áreas temáticas diferentes que van desde fundamentos da tecnoloxía e mundo dixital, SEO, SEM, e-commerce, márketing en redes sociais e dispositivos móbiles, analítica web ou mesmo a elaboración de plans de negocio. As persoas interesadas en completar este curso terán asemade tres datas alternativas para poder facelo. De feito, Google e IAB Spain teñen previsto celebrar estas sesións formativas en distintas datas do mes de marzo, abril e maio. A información relativa aos contidos deste curso sobre márketing dixital, así como os datos referidos aos trámites para formalizar a inscrición están xa accesibles a todas as persoas no enderezo electrónico www.formacionactivate.es.

Unha vez rematado o curso, que se impartirá en española, os/as participantes que superen todos os exames recibirán unha certificación da formación recibida expedida pola Asociación da publicidade, o márketing e a comunicación dixital en España (IAB Spain).

The contents of this page were updated on 02.21.2014.