Skip to main content
STG

A Unidade de Atención Temperá da USC organiza unha charla sobre nenos roubados

Será este venres 17 ás 19:30 horas dentro do ciclo 'Choiva de ideas'

A presidenta da Asociación Galega SOS-Bebés Roubados, Estrela Vázquez García, o avogado Marcos Antonio Sanluis Castro e o inspector de policía Carlos Temprano participarán este venres 17 na USC nunha mesa de debate sobre a realidade dos nenos roubados. A actividade forma parte do ciclo 'Choiva de ideas' da Unidade de Atención Temperá que dirixe a profesora María José Buceta. Na sesión, a desenvolver nas instalacións da Unidade na Facultade de Psicoloxía a partir das 19:30 horas, as persoas asistentes poderán coñecer de primeira man o traballo levado a cabo pola Asociación Galega SOS-Bebés Roubados, os aspectos legais a ter en conta neste tipo de procesos de busca, así como as pautas a seguir dende o punto de vista psicolóxico e educativo. A actividade –gratuíta e de prazas limitadas- mantén o prazo de inscrición aberto enviando un correo ao enderezo mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es). Choiva de ideas A xornada está enmarcada na iniciativa Choiva de ideas, un ciclo de debates que comezou en novembro cunha xornada para ensinar a pais e nais a entender a linguaxe corporal dos seus fillos, e posteriormente, cunha sesión sobre as adopcións. As xornadas terán continuidade durante todo o curso con charlas abertas a todos os públicos.

The contents of this page were updated on 01.15.2014.