Skip to main content
STG

Conferencia en Psicoloxía dun dos maiores expertos mundiais en intelixencia emocional

Conferencia en Psicoloxía dun dos maiores expertos mundiais en intelixencia emocional
Conferencia en Psicoloxía dun dos maiores expertos mundiais en intelixencia emocional
O profesor David Caruso, da Universidade de Yale, falará sobre intelixencia emocional e aprendizaxe

O profesor David Caruso, da Universidade de Yale, impartirá na Facultade de Psicoloxía da USC a conferencia ‘Intelixencia emocional e aprendizaxe’. Organizada pola Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades co patrocinio da Fundación Barrié e de AEDIPE, o relatorio celebrarase este xoves 9 partir das 11.00 horas no Salón de Actos do centro compostelá. Considerado un dos máis destacados expertos mundiais na materia, Caruso forma parte dun dos equipos de investigación pioneiros no ámbito da intelixencia emocional e é co autor do Mayer, Salovey, Caruso Emotional Intelligence Test (MSCEIT). Ademais, xunto co seu colega Peter Salovey publicou o recoñecido libro The Emotionally Intelligent Manager. Caruso formou a profesionais en Estados Unidos, Canadá, Xapón, Dubai, España, Alemaña, Lituania, Australia e India, dirixiu numerosos equipos de desenvolvemento de produto e implementou planes de márketing en Estados Unidos e Europa.

The contents of this page were updated on 10.08.2014.