A promoción 1984-1989 de Filoloxía Inglesa conmemorará este sábado as súas vodas de prata
O reitor Juan Viaño presidirá este sábado 20 o acto conmemorativo das vodas de prata da promoción 1984-1989 da licenciatura en Filoloxía Inglesa, cuxos integrantes reuniranse a partir das 13.30 horas na Facultade de Filoloxía. A xornada comezará coa intervención de María Elvira Souto Grandal, en representación do alumnado, a quen seguirán Manuela Palacios González que tomará a palabra representando ao claustro docente, a decana da Facultade de Filoloxía, Mª José López Couso, e a vicepresidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Blanca A. Roig Rechou.