Skip to main content
STG

O investigador e académico mexicano da lingua José Luís Díaz ofrece este venres un relatorio en Humanidades

O investigador, profesor, ensaísta e membro da Academia Mexicana da Lingua José Luis Díaz ofrecerá este venres, a partir das 12.00 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades, o relatorio ‘A conciencia onírica e a representación dos soños’.

O director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, que é a organizadora desta actividade, o profesor da Facultade de Humanidades, Claudio Rodríguez Fer, será o encargado de presentar a José Luis Díaz, quen precisamente vén de visitar e consultar o arquivo e a biblioteca de Valente en relación co tema dos soños na obra da filósofa María Zambrano.

The contents of this page were updated on 09.25.2014.