Skip to main content
STG

A Rede Galega contra a Trata presenta este venres na Vicerreitoría de Lugo a III Xornada contra a Trata

Representantes da Rede Galega contra a Trata, un colectivo que engloba diversas asociacións, colectivos e entidades, presentará este venres, día 12 de setembro, a partir das 12.00 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo a III Xornada contra a Trata, un foro aberto que se celebrará o vindeiro 19 de setembro na Facultade de Humanidades e no que distintos relatores abordarán cuestións relacionadas coa investigación, detección e protección de vítimas.

Fátima Teixeiro Vázquez, do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC no campus de Lugo; María Cristina García Gallego, en representación de Cáritas Diocesana de Lugo, e Manuel Varela Veiga, de Aliad Ultreia, serán os encargados de presentar e informar sobre a celebración da III Xornada contra a Trata.

The contents of this page were updated on 09.11.2014.