Pasar al contenido principal
STG

BOUSC 1 | Año I | 20 de Noviembre de 2025

III. Acordos e resolucións dos órganos da USC

Acordo do 24 de outubro de 2025, do Consello de Goberno da USC polo que se regula o recoñecemento de equivalencia de estudos estranxeiros para o acceso a máster universitario, doutoramento e estudos propios na USC

A Universidade de Santiago de Compostela, en canto universidade pública dedicada á preservación, xeración, transmisión e difusión de coñecemento dun xeito socialmente responsable, conta cunha ampla oferta académica na que se inclúen estudos oficiais de máster universitario e de doutoramento, así como unha consolidada oferta de estudos propios.

Nun contexto como o actual, no que a captación de estudantado internacional adquire especial relevancia no proceso de internacionalización da nosa universidade, tal e como se deriva do Plan de internacionalización da USC para o período 2024-2026, resulta preciso establecer as canles a través das cales as persoas tituladas fóra de España que non dispoñan de títulos homologados, validados ou declarados equivalentes, poidan solicitar o acceso a unha titulación de máster universitario, doutoramento ou estudos propios. Neste sentido, a publicación do Real decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, do Real decreto 889/ 2022, de 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinanzas universitarias de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores, así como do Real Decreto 576/2023, do 4 de xullo, polo que se modifican o Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento; o Real Decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais; e o Real Decreto 641/2021, do 27 de xullo, polo que se regula a concesión directa de subvencións a universidades públicas españolas para a modernización e dixitalización do sistema universitario español no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, viñeron pór de manifesto a necesidade de dotar á Universidade de Santiago de Compostela dun instrumento como o presente, unicamente aplicable para os efectos de acreditar o acceso ás titulacións de máster universitario, doutoramento e estudos propios na nosa institución, de xeito principal para quen posúa unha titulación expedida fóra do Espazo Europeo de Educación Superior, sen deixar de comprender aos titulados dentro do propio Espazo, sen que en ningún caso supoña unha homologación, validación ou declaración de equivalencia dun título estranxeiro.

En consonancia co exposto, establécense unha serie de disposicións xerais, aplicables a todos os accesos a máster universitario, doutoramento e estudos propios, así como unhas especificacións para os accesos a cada unha destas titulacións, pivotando o articulado sobre os supostos de acceso con titulacións de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior, nos que se exixe un procedemento de recoñecemento dos estudos previos. Xa no caso das titulacións expedidas dentro do Espazo Europeo de Educación Superior, ao non ser preciso dito procedemento, nas Disposicións adicionais recóllense as previsións encamiñadas a realizar as comprobacións pertinentes por parte da Universidade. En todo caso, tanto o procedemento de recoñecemento como a realización das labores de comprobación están enfocadas a garantir a correspondencia entre o nivel dos títulos expedidos no estranxeiro e os títulos de acceso requiridos no ámbito nacional.

Por todo o anterior, e en virtude da potestade estatutaria conferida, o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, na súa reunión do 24 de outubro de 2025, acordou aprobar o presente texto.

TÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Ámbito de aplicación

1. O presente acordo será aplicable ás solicitudes de acceso ás titulacións de máster universitario, doutoramento e estudos propios, impartidas na Universidade de Santiago de Compostela, cando a persoa interesada posúa polo menos unha titulación de acceso expedida fóra de España.

2. No caso de titulacións expedidas fóra do Espazo Europeo de Educación Superior, deberá seguirse o procedemento de recoñecemento de estudos de acceso definido nesta resolución.

3. No caso de titulacións expedidas no marco do Espazo Europeo de Educación Superior, de títulos universitarios homologados ou con declaración de equivalencia a nivel académico recoñecidos polo Ministerio competente, non será preciso seguir o dito procedemento de recoñecemento, bastando un procedemento de comprobación para garantir que o título previo é suficiente de acordo cos termos establecidos nas disposicións adicionais.

Artigo 2. Presentación das solicitudes

1. A persoa interesada deberá presentar a súa solicitude a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da USC no momento da matrícula.

2. Non se valorarán as solicitudes que non fosen presentadas na Sede Electrónica da USC. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente ou por outros medios, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica no prazo de 10 días hábiles. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. No caso de detectarse defectos na solicitude presentada electronicamente, notificarase ao interesado para que proceda á súa emenda no prazo de 10 días hábiles. De non emendarse nos termos requiridos, entenderase que desiste da súa solicitude.

De concorrer circunstancias excepcionais debidamente acreditadas, o prazo de emenda poderá prorrogarse, sen prexuízo da caducidade do procedemento, que operará transcorridos 3 meses desde a data de presentación da solicitude.

Artigo 3. Documentación

1. A solicitude presentada na Sede electrónica da USC irá acompañada da documentación preceptiva prevista en cada caso, que deberá achegarse en formato electrónico, sen prexuízo do disposto no apartado 4.

2. Os documentos de carácter académico expedidos no estranxeiro deberán estar legalizados e, no seu caso, traducidos, consonte ao disposto na Instrución 2/2008, da Secretaría Xeral (http://hdl.handle.net/10347/12754) e as indicacións recollidas no Anexo I deste acordo.

3. Unha vez verificada a solicitude polo Servizo de Xestión Académica, emitirase a tarifa prevista para o recoñecemento de acceso aplicable ás titulacións expedidas fóra do Espazo Europeo de Educación Superior segundo o previsto no Decreto de prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, publicado anualmente pola Xunta de Galicia.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

No caso da documentación legalizada, a persoa interesada deberá exhibir perante o Servizo de Xestión Académica, ou persoal funcionario habilitado do rexistro, a documentación orixinal para o seu cotexo, sempre que non se poida verificar por medios electrónicos a validez dos documentos. Tal presentación de orixinais deberá realizarse no prazo máximo dun mes desde o inicio efectivo do curso ou desde a matrícula na titulación que estea a cursar, se esta non coincide co inicio do curso académico.

Artigo 4. Notificacións

1. As notificacións practicaranse por medios electrónicos mediante comparecencia na Sede Electrónica da USC.

2. A notificación entenderase rexeitada cando transcorresen 10 días naturais desde a súa posta á disposición sen que se acceda ao seu contido. En tal caso, entenderase para todos os efectos efectuado o trámite de notificación e continuarase coa tramitación do procedemento.

3. A USC enviará á persoa interesada ou, a quen a represente, un aviso informándoa da posta á disposición da notificación mediante o procedemento de comparecencia en sede. O aviso remitirase ao enderezo de correo electrónico indicado pola persoa interesada e/ou correo electrónico institucional. A falta de práctica deste aviso, de carácter informativo, non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

Artigo 5. Procedemento e competencias

1. O procedemento de recoñecemento de equivalencia implica a verificación do cumprimento de requisitos formais e materiais que determinan que os estudos cursados permiten o acceso á titulación de máster universitario, doutoramento ou estudos propios na USC. A resolución de recoñecemento que se dite carecerá de calquera efecto de homologación, validación ou de declaración de equivalencia, producindo unicamente efectos no ámbito interno da USC.

2. A tramitación do procedemento recaerá no órgano con competencias en materia de xestión académica, quen efectuará o control do cumprimento dos requisitos formais e solicitará os informes académicos correspondentes aos centros sobre os contidos formativos superados, de ser o caso, sempre e cando se teña superado o control de cumprimento dos requisitos formais.

3. Nos casos nos que así se dispoña, por non existir precedentes, os centros deberán emitir un informe académico motivado no prazo de 10 días hábiles, que recollerá o carácter favorable ou desfavorable da proposta de recoñecemento, garantindo o cumprimento dos requisitos formativos para o acceso ás titulacións na USC.

4. No caso de emitirse unha proposta na que se recolla un informe académico positivo, ditarase resolución de recoñecemento de equivalencia dos estudos a efectos de acceso á titulación correspondente na USC.

No caso de que a proposta recolla un informe académico que fose desfavorable ao recoñecemento, notificarase á persoa interesada, para que no prazo de 10 días hábiles poida practicar as alegacións pertinentes. Unha vez recibidas, tales alegacións serán remitidas ao centro, de cara á emisión do informe definitivo. Á vista deste informe definitivo, resolverase favorablemente ou denegarase o recoñecemento.

Contra a resolución denegatoria do recoñecemento poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes.

TÍTULO II ACCESO A TITULACIÓNS DE MÁSTER UNIVERSITARIO

Artigo 6. Títulos expedidos fóra do Espazo Europeo de Educación Superior

1. Para o recoñecemento de equivalencia aos efectos de acceso a máster universitario, no caso de títulos expedidos fóra do Espazo Europeo de Educación Superior, estes deberán ter un nivel de formación equivalente aos estudos de grao universitario español (nivel MECES 2). As persoas interesadas deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación en formato dixital, de acordo co disposto no artigo 3:

a) Título.

b) Certificación académica. Nela débense recoller, como mínimo, as materias cursadas, as cualificacións obtidas xunto coa escala de cualificacións empregada, as horas ou carga lectiva de cada materia, así como a a duración en anos académicos da titulación.

c) Acreditación documental que recolla que o título permite acceder a estudos de nivel de posgrao universitario (Máster) no país de expedición.

d) Acreditación do pago da tarifa prevista no decreto autonómico, segundo o disposto no artigo 3.

2. Á vista da documentación presentada, poderase resolver favorablemente o recoñecemento do título sen necesidade de informe académico do centro nos casos en que xa existiran precedentes para a mesma universidade, estudos, ou titulacións con contidos formativos substancialmente similares. A estes efectos, elaborarase un catálogo no que se recollan as titulacións doutros países que dan acceso as ensinanzas de máster universitario ou que foran informadas favorablemente con anterioridade.

De non existir precedentes referidos aos mesmos estudos e universidade, o órgano competente en materia de xestión académica solicitará un informe académico ao centro onde se imparta a mesma titulación ou, no seu defecto, titulación máis afín, nos termos recollidos no artigo 5.

TÍTULO III ACCESO A ESTUDOS DE DOUTORAMENTO

Artigo 7. Títulos expedidos fóra do Espazo Europeo de Educación Superior

1. Para o recoñecemento de equivalencia dos títulos expedidos fóra do Espazo Europeo de Educación Superior, estes deberán ter un nivel de formación equivalente aos de Máster universitario español (nivel MECES 3). Ademais, as persoas solicitantes deberán acreditar que no país expedidor permiten acceder a estudos de doutoramento.

2. As persoas solicitantes do recoñecemento do título para o acceso ao doutoramento, deberán achegar xunto coa solicitude, os seguintes documentos en formato dixital:

a) Títulos de nivel de grao e nivel de máster, que xustifiquen o nivel de formación de cara ao acceso.

b) Certificación académica na que figuren as materias cursadas, a escala de cualificacións, as horas ou carga lectiva, así como a duración en anos académicos da titulación ou titulacións.

c) Acreditación documental que xustifique que os estudos permiten o acceso ao doutoramento no país expedidor.

d) Acreditación do pagamento da taxa prevista no decreto de prezos públicos, segundo o disposto no artigo 3.

3. O órgano con competencias en materia de xestión académica solicitará informe académico á Escola de Doutoramento Internacional, no que se deberá motivar se os estudos acreditan ou non o nivel de formación requirido para o acceso ao doutoramento, nos termos sinalados no artigo 5.

Artigo 8. Títulos de acceso de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior e outro do Espazo Europeo de Educación Superior

1. No caso de que as persoas interesadas accedan a un programa de doutoramento cunha titulación de máster expedida fóra do Espazo Europeo de Educación Superior e outra de grao pertencente ao Espazo Europeo de Educación Superior, seguirase o disposto no artigo 7 referido a títulos expedidos fóra do Espazo Europeo de Educación Superior.

2. Neste suposto estarán comprendidos tamén aquelas persoas interesadas que acrediten como acceso ao programa de doutoramento, un título de máster universitario español, tendo accedido ao dito máster universitario cunha titulación expedida fóra ou dentro do Espazo Europeo de Educación Superior.

TÍTULO IV ACCESO A TITULACIÓNS DE ESTUDOS PROPIOS

Artigo 9. Títulos de acceso estranxeiros no caso de estudos propios

Naquelas ensinanzas de formación permanente que imparta a Universidade de Santiago de Compostela e que requiran unha titulación universitaria previa, as persoas solicitantes que estean en posesión de titulacións estranxeiras deberán seguir o disposto nos artigos precedentes, en función dos requisitos de acceso definidos na oferta da USC.

Disposición adicional primeira. Acceso a máster no caso de títulos homologados ou recoñecidos como equivalentes

No caso de que a persoa interesada presentase para os efectos de acceso un título homologado ou que teña recoñecido o nivel de equivalencia ao de Grao universitario español, de acordo co regulado no Real decreto 889/2022, será suficiente con achegar a credencial acreditativa. De non ser verificable electronicamente, deberá presentala fisicamente a través dun rexistro oficial ou na Unidade de Xestión Académica correspondente no prazo dun mes desde o inicio efectivo do curso ou desde a matrícula no máster universitario, se esta non coincide co inicio do curso académico.

Disposición adicional segunda. Acceso a máster no caso de títulos expedidos no Espazo Europeo de Educación Superior

1. As persoas interesadas en acceder a un máster que posúan un título de grao ou máster expedido no Espazo Europeo de Educación Superior, terán que achegar fisicamente a documentación sinalada neste artigo para os efectos de que a Unidade de Xestión Académica correspondente ao campus no que se atope o centro responsable da titulación comprobe que o título faculte para o acceso a estudos de máster. Ditos documentos deberán ser presentados na Unidade de Xestión Académica correspondente no prazo dun mes desde o inicio efectivo do curso, para os efectos da súa comprobación, ou desde a matrícula na titulación que estea a cursar, se esta non coincide co inicio do curso académico.

2. Xunto coa solicitude, para esta comprobación, as persoas interesadas deberán achegar:

a) O título de acceso.

b) O Suplemento Europeo ao Título ou, de non ser posible, unha certificación académica onde figuren os contidos, créditos ECTS, duración dos estudos, e acreditación de que permiten o acceso a estudos de máster universitario no país expedidor.

3. A Unidade de Xestión Académica revisará a documentación para verificar o acceso aos mesmos. Polo contrario, de apreciar que non se compren os requisitos, daráselle traslado á persoa interesada, para que nun prazo de 10 días hábiles poida presentar alegacións perante o Servizo de Xestión Académica. Contra a resolución denegatoria poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes.

Disposición adicional terceira. Acceso a estudos de doutoramento no caso de títulos expedidos fóra do EEES homologados ou con recoñecemento de equivalencia a nivel académico

No caso de que as persoas interesadas presenten títulos de acceso homologados ou con recoñecemento da súa equivalencia polo Ministerio competente ao nivel de grao e máster universitario español, respectivamente, de acordo co regulado no Real decreto 889/2022, será suficiente con achegar as credenciais acreditativas. De non ser verificable electronicamente, deberá presentala fisicamente a través dun rexistro oficial ou na Unidade de Xestión Académica correspondente no prazo dun mes desde o inicio efectivo do curso ou desde a matrícula no doutoramento, se esta non coincide co inicio do curso académico.

Disposición adicional cuarta. Acceso a estudos de doutoramento no caso de títulos de acceso expedidos no Espazo Europeo de Educación Superior

1. As persoas interesadas en acceder aos estudos de Doutoramento no caso de títulos de acceso expedidos no Espazo Europeo de Educación Superior deberán presentar a documentación destinada á comprobación de que o título posuído acredita un nivel 7 do Marco Europeo de Cualificacións sempre que faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país expedidor, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento. Ditos documentos deberán ser presentados na Unidade de Xestión Académica correspondente no prazo dun mes desde o inicio efectivo do curso.

2. Xunto coa solicitude, para esta comprobación, as persoas interesadas deberán achegar o título de máster, o Suplemento Europeo ao Título ou, de non ser posible, unha certificación académica onde figuren os contidos, créditos ECTS, e duración dos estudos.

3. Non será necesario achegar esta documentación se o título foi homologado ou recoñecida a equivalencia ao nivel de máster universitario español, de acordo co regulado no Real decreto 889/2022. Neste caso, será suficiente con achegar a credencial acreditativa.

Disposición adicional quinta. Acceso con titulacións estranxeiras de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior sen equivalente na Universidade de Santiago de Compostela

As persoas interesadas que posúan unha titulación estranxeira que non teña equivalencia cos estudos ofertados pola Universidade de Santiago de Compostela, deberán presentar a súa solicitude a efectos de recoñecemento seguindo o disposto neste acordo. Desta solicitude coñecerá o centro no que se impartan os estudos con maior afinidade , que informará o carácter favorable ou desfavorable do recoñecemento, segundo o disposto no artigo 5.

Para aquelas titulacións estranxeiras que non teñan ningunha afinidade ou equivalencia coas impartidas na Universidade de Santiago de Compostela será a vicerreitoría con competencias en materia de titulacións a que determine quen emitirá o informe, podendo darlle traslado ao Colexio de Directores ou decanos de Centro ou solicitar informe a outra universidade pública na que estean implantados eses estudos.

Disposición transitoria única. Aplicación da resolución reitoral aos procedementos xa iniciados.

A presente resolución reitoral non será de aplicación aos procedementos xa iniciados con anterioridade á súa entrada en vigor, coa excepción da obriga de presentar as solicitudes de recoñecemento ou a documentación acreditativa nas Unidades de Xestión académica, que deberán cumprirse no prazo dun mes desde a publicación desta resolución.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto no presente acordo e, en especial, as seguintes:

-Resolución reitoral do 16 de outubro de 2003 de actualización do procedemento para a tramitación das solicitudes de equivalencia.

-Instrución 7/2003 da Secretaría Xeral sobre recoñecemento académico de estudos estranxeiros para o acceso ao Terceiro Ciclo e a estudos propios da USC.

Disposición final única. Entrada en vigor

O presente acordo entrará en vigor o día da súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela.

ANEXO I. LEGALIZACIÓN E TRADUCIÓN DE DOCUMENTOS

VERSIÓN GALEGO

Aqueles documentos que non poidan ser verificados de forma electrónica, deberán presentarse fisicamente no Servizo de Xestión Académica ou a través do rexistro electrónico da embaixada ou consulado español do país no que resida.

1.- Achegaranse os documentos orixinais para o seu cotexo polo Servizo de Xestión Académica ou a través dun rexistro electrónico dunha administración pública integrada no Sistema de Interconexión de Rexistros.

No caso de que resida noutro estado poderá presentar os documentos orixinais no rexistro da embaixada ou consulado español do seu país de residencia e dirixilo á USC co código DIR U00700001

Se os documentos estivesen xa confrontados ante Notaría española ou polas representacións diplomáticas ou consulares de España no país de onde procedan os documentos, non será necesaria a presentación simultánea do orixinal.

2.- Todos os documentos deberán estar legalizados e/ou traducidos de acordo co que se indica a continuación.

Todos os documentos que se acheguen deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes para isto, de acordo co ordenamento xurídico do país de orixe.

LEGALIZACIÓN DOS DOCUMENTOS EXPEDIDOS NO ESTRANXEIRO:

A. Non se esixe legalización para os documentos expedidos en Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo:

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza (por acordo bilateral coa UE).

B. Nos demais casos, os documentos expedidos no estranxeiro deberán estar debidamente legalizados de acordo coas seguintes condicións:

B.1. Para legalizar documentos expedidos en países que suscribiron o Convenio da Haia é suficiente coa legalización única ou “apostila” extendida polas Autoridades competentes do país:

Acerbaixán, Albania, Andorra, Antigua e Barbuda, Arabia Saudita, Armenia, Arxentina, Australia, Bahamas, Bangladesh,Baréin, Barbados, Belarús, Belize, Bolivia, Bosnia-Hercegovina, Botswana, Brasil, Brunei-Darussalam, Burundi, Cabo Verde, Canadá, Chile, China, Colombia, Corea do Sur, Costa Rica, Dominica, Ecuador, Estados Unidos de América, Eswatini, Fidxi, Filipinas, Granada, Guatemala, Güiana, Honduras, Hong Kong, Illas Cook, Illas Marshall, India, Indonesia, Israel, Kazajstán, Kirguizistán, Kosovo, Lesoto, Liberia, Macao, Macedonia, Malawi, Marrocos, Mauricio, México, Mónaco, Mongolia, Montenegro, Namibia, Nicaragua, Niue, Nova Celandia, Omán, O Salvador, Palaos, Panamá, Paquistán, Paraguai, Perú, Reino Unido, República de Moldova, República Dominicana, Ruanda, Rusia, Saint-Kitts e Nevis, Samoa, San Marino, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, Santo Tomé e Príncipe, Senegal, Serbia, Seychelles, Singapur, Suráfrica, Surinam, Taxiquistán, Tonga, Trinidad e Tobago, Tunisia, Turquía, Ucraína, Uruguai, Uzbekistán, Vanuatu, Venezuela, Xamaica, Xapón, Xeorxia.

B.2. Os documentos expedidos no resto dos países deberán legalizarse por vía diplomática. Para isto, deberán ser presentados en:

• Ministerio de Educación do país de orixe para títulos e certificados de estudos.

• Ministerio de Asuntos Exteriores do país onde se expediron os devanditos documentos.

• Representación diplomática ou consular de España no devandito país.

TRADUCIÓN DOS DOCUMENTOS EXPEDIDOS NO ESTRANXEIRO:

Os documentos expedidos en idioma estranxeiro deberán acompañarse da súa tradución oficial ao galego ou castelán, que se poderá realizar nos seguintes organismos:

• Representacións Diplomáticas ou Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.

• UNESCO ou outra Organización recoñecida por España.

• Profesionais da tradución e da interpretación xurada doutras linguas para o galego que figuren no rexistro xestionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

• Tradutor/a xurado/a doutras linguas ao castelán debidamente inscrito/a e autorizado/a en España. Tanto na Oficina de Intérpretes de Linguas do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación como na Sección de Legalizacións do mesmo Ministerio existe unha relación de Intérpretes xurados/as en toda España.

VERSIÓN CASTELÁN

Aquellos documentos que no puedan ser verificados de forma electrónica, deberán presentarse físicamente en el Servicio de Gestión Académica o a través del registro electrónico de la embajada o consulado español del país en el que resida.

1.- Se aportarán los documentos originales para su cotejo por el Servicio de Gestión Académica o a través de un registro electrónico de una administración pública integrada en el Sistema de Interconexión de Registros.

Si reside en otro estado podrá presentar los documentos originales en el registro de la embajada o consulado español do su país de residencia y dirigirlo a la USC con el código DIR U00700001.

Si los documentos estuviesen ya confrontados ante Notaría española o por las representaciones diplomáticas o consulares de España en el país de donde procedan los documentos, no será necesaria la presentación simultánea del original.

2.- Todos los documentos deberán estar legalizados y/o traducidos de acuerdo con lo que se indica a continuación.

Todos los documentos que se aporten deberán ser oficiales y estar expedidos por las autoridades competentes para ello, de acuerdo con el ordenamiento jurídico del país de origen.

LEGALIZACIÓN DE LOS DOCUMENTOS EXPEDIDOS EN EL EXTRANJERO:

A. No se exige legalización para los documentos expedidos en Estados miembros de la Unión Europea o signatarios del Acuerdo sobre el Espacio Económico Europeo:

Alemania, Austria, Bélgica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Bajos, Polonia, Portugal, República Checa, Rumanía, Suecia y Suiza (por acuerdo bilateral con la UE).

B. En los demás casos, los documentos expedidos en el extranjero deberán estar debidamente legalizados con arreglo a las siguientes condiciones:

B.1. Para legalizar documentos expedidos en países que han suscrito el Convenio de la Haya es suficiente con la legalización única o “apostilla” extendida por las Autoridades competentes del país:

Albania, Andorra, Antigua y Barbuda, Argentina, Arabia Saudí, Armenia, Australia, Azerbaiyan, Bahamas, Bangladesh, Baréin, Barbados, Belarús, Belice, Bolivia, Bosnia-Herzegovina, Botswana, Brasil, Brunei-Darusalan, Burundi, Cabo Verde, Canadá, Chile, China, Colombia, Corea del Sur, Costa Rica, Dominica, Ecuador, El Salvador, Estados Unidos de América, Eswatini, Fidji, Filipinas, Georgia, Granada, Guatemala, Guyana, Honduras, Hong-Kong, India, Indonesia, Islas Cook, Islas Marshall, Israel, Jamaica, Japón, Kazajjstán, Kirguistán, Kosovo, Lesoto, Liberia, Macao, Macedonia, Malawi, Marruecos, Mauricio, México, Moldavia, Mónaco, Mongolia, Montenegro, Namibia, Nicaragua, Niue, Nueva Zelanda, Omán, Pakistán, Palaos, Panamá, Paraguay, Perú, Reino Unido, República de Moldova, República Dominicana, Ruanda, Rusia, Saint-Kitts y Nevis, Samoa, San Marino, San Vicente y Granadinas, Santa Lucía, Santo Tomé y Príncipe, Senegal, Serbia, Seychelles, Singapur, Sudáfrica, Surinam, Tayikistán, Tonga, Trinidad y Tobago, Túnez, Turquía, Ucrania, Uruguay, Uzbekistán, Vanuatu, Venezuela.

B.2. Los documentos expedidos en el resto de los países deberán legalizarse por vía diplomática. Para ello, deberán ser presentados en:

• Ministerio de Educación del país de origen para títulos y certificados de estudios.

• Ministerio de Asuntos Exteriores del país donde se expidieron dichos documentos.

• Representación diplomática o consular de España en dicho país.

TRADUCCIÓN DE LOS DOCUMENTOS EXPEDIDOS EN EL EXTRANJERO:

Los documentos expedidos en idioma extranjero deberán acompañarse de su traducción oficial al gallego o castellano, que podrá realizarse en los organismos siguientes:

• Representaciones Diplomáticas o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación.

• UNESCO u otra Organización reconocida por España.

• Profesionales de la traducción y de la interpretación jurada de otras lenguas al gallego que figuren en el registro gestionado por la Secretaría Xeral de Política Lingüística.

• Traductor/a Jurado/a de otras lenguas al castellano debidamente inscrito/a y autorizado/a en España. Tanto en la Oficina de Intérpretes de Lenguas del Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación como en la Sección de Legalizaciones del mismo Ministerio existe una relación de Intérpretes Jurados/as en toda España.

VERSIÓN INGLÉS

Documents that cannot be verified electronically must be submitted physically to the Academic Management Service or through the electronic registry of the Spanish consulate of the country in which you reside.

1.- The original documents shall be provided for verification by the Academic Management Service or through an electronic register of a public administration integrated into the Register Interconnection System.

If you reside in another country, you may submit the original documents at the Spanish embassy or consulate registry of your country of residence and send them to the USC with the code DIR U00700001.

If the documents have already been compared by a Spanish notary or by Spanish diplomatic or consular officers in the country from which the documents are issued, simultaneous presentation of the original is not required.

2.- All documents must be legalised and/or traslated in accordance with the following.

All documents provided must be official and issued by the authorities competent to do so, in accordance with the legal system of the country of origin.

LEGALISATION OF DOCUMENTS ISSUED ABROAD:

A. Legalisation is not required for documents issued in Member States of the European Union or signatories to the Agreement on the European Economic Area.:

Austria, Belgium, Bulgary, Croatia, Cyprus, Czech Republic, Denmark, Estonia, Finland, France, Germany, Greece, Hungary, Iceland, Ireland, Italy, Latvia, Liechtenstein, Lithuania, Luxembourg, Malta, Netherlands, Norway, Poland, Portugal, Romania, Slovakia, Slovenia, Spain, Sweden and Switzerland (by bilateral agreement with the UE).

B. In the remaining countries, documents issued abroad should be duly legalized and authenticated according to the following conditions:

B.1. To authenticate documents issued by countries that have undersigned the Hague Convention, it is enough with the single authentication or “Apostille” issued by the competent authorities of the country:

Albania, Andorra, Antigua and Barbuda, Argentina, Armenia, Australia, Azerbaijan, Bahamas, Bahrain, Bangladesh, Barbados, Belarus, Belize, Bolivia, Bosnia-Herzegovina, Botswana, Brazil, Brunei-Darussalam, Burundi, Canada, Cape Verde, Chile, China, Colombia, Cook Islands, Costa Rica, Dominica, Dominican Republic, Ecuador, El Salvador, Eswatini, Fiji, Georgia, Grenada, Guatemala, Guyana, Honduras, Hong-Kong, India, Indonesia, Israel, Jamaica, Japan, Kazakhstan, Kyrgyzstan, Kosovo, Lesotho, Liberia, Macao, Macedonia, Malawi, Marshall Islands, Mauritius, Mexico, Moldova Republic, Monaco, Mongolia, Montenegro, Morocco, Namibia, New Zealand, Nicaragua, Niue, Oman, Pakistan, Palaos, Panama, Paraguay, Peru, Philippines, Russia, Rwanda, Saint-Kitts and Nevis, Saint Lucia, Saint Vincent and the Grenadines, Samoa, San Marino, Sâo Tome and Principe, Saudi Arabia, Senegal, Serbia, Seychelles, Singapore, South Africa, South Korea, Suriname, Tajikistan, Tonga, Trinidad and Tobago, Tunisia, Turkey, Ukraine, United Kingdom, Uruguay, USA, Uzbekistan, Vanuatu, Venezuela.

B.2. Documents issued in other countries must be legalised through diplomatic channels. To this end, they must be submitted to:

• The Ministry of Education of the country of origin for degrees and certificates of studies.

• The Ministry of Foreign Affairs of the country where the documents were issued.

• The Spanish Diplomatic or Consular representation in that country.

TRANSLATION OF DOCUMENTOS ISSUED ABROAD:

Documents issued in a foreign language (different to Spanish or Galician) have to be presented together with an official traslation in Spanish or Galician. These documents can be achieved in the following institutions:

• Diplomatic Representations or at the Ministry of Foreign Affairs, European Union and Cooperation.

• UNESCO or another recognized Organization in Spain.

• Professional translators and sworn interpreters from other languages into Galician that is duly inscribed and authorized by General Secretariat of Language Policy (Xunta de Galicia).

• Sworn translator of the other languages into spanish that is duly inscribed and authorized in Spain. There is a list of sworn interpreters from all over Spain in the following institutions: the Office of Language Interpreters of the Ministry of Foreign Affairs, European Union and Cooperation and in the Legalization Section within the same Ministry.

ANEXO II. MODELOS NORMALIZADOS DE INFORME PARA OS CENTROS

MÁSTER UNIVERSITARIO/ESTUDOS PROPIOS

INFORME DE RECOÑECEMENTO DE EQUIVALENCIA DE ESTUDOS ESTRANXEIROS PARA O ACCESO A MÁSTER UNIVERSITARIO /ESTUDOS PROPIOS

Revisada a solicitude de recoñecemento de equivalencia dos estudos de ………………… pola Universidade …………….. (país) presentada por……………….con documento de identidade ……………………….. para acreditar o acceso aos estudos de máster universitario/estudos propios.

NORMATIVA APLICABLE

- Artigo 18 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade no que se establece o acceso e admisión ás ensinanzas oficiais de máster universitario.

- Artigos 7 e 8 do Regulamento de estudos propios da Universidade de Santiago de Compostela nos que se esixen os mesmos requisitos de acceso que para os másteres oficiais.

- O artigo 5.3 do Acordo do Consello de Goberno do 24 de outubro de 2025 polo que se regula o recoñecemento de equivalencia de estudos estranxeiros para o acceso a máster universitario, doutoramento e estudos propios na Universidade de Santiago de Compostela indica que nos casos nos que así se dispoña, por non existir precedentes, os centros deberán emitir un informe académico motivado no prazo de 10 días hábiles, que recollerá o carácter favorable ou desfavorable da proposta de recoñecemento, garantindo o cumprimento dos requisitos formativos para o acceso ás titulacións na USC.

INFORME

’ Tendo en conta o anterior e á vista dos obxectivos, programa, materias e duración dos estudos presentados pola persoa solicitante, informa favorablemente/desfavorablemente que o nivel de formación acreditado permite acceder aos estudos de máster universitario/estudos propios.

’ Tendo en conta o anterior e á vista dos estudos presentados pola persoa solicitante, non procede o informe dado que os contidos formativos non son afíns ás titulacións impartidas por este centro.

Lugar, data e sinatura.

DOUTORAMENTO

INFORME DE RECOÑECEMENTO DE EQUIVALENCIA DE ESTUDOS ESTRANXEIROS PARA O ACCESO A DOUTORAMENTO

Revisada a solicitude de recoñecemento de equivalencia dos estudos de ………………… pola Universidade …………….. (país) presentada por……………….con documento de identidade ……………………….. para acreditar o acceso a estudos de doutoramento.

NORMATIVA APLICABLE

- O artigo 6.2.c) do Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, así como o artigo 9 do Regulamento de estudos de doutoramento da USC (ACG 10 de xuño de 2024), establecen que para acceder ao doutoramento se esixe acreditar un nivel de formación equivalente ao título oficial español de Máster universitario e que faculte no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento.

- O artigo 7.3 do Acordo do Consello de Goberno do 24 de outubro de 2025 polo que se regula o recoñecemento de equivalencia de estudos estranxeiros para o acceso a máster universitario, doutoramento e estudos propios na Universidade de Santiago de Compostela dispón que a Escola de Doutoramento Internacional deberá motivar se os estudos acreditan ou non o nivel de formación requirido para o acceso ao doutoramento.

INFORME

Tendo en conta o anterior e á vista dos obxectivos, programa, materias e duración dos estudos presentados pola persoa solicitante, informa favorablemente/desfavorablemente que o nivel de formación acreditado é equivalente a un título oficial español de Máster universitario polo que permite acceder aos estudos de doutoramento.

Lugar, data e sinatura.

Publicado no taboleiro electrónico da USC con data do 10/11/2025 CSV: F337-4AFC-4115-A302