Pasar al contenido principal
STG

BOUSC 1 | Año I | 20 de Noviembre de 2025

I. Disposicións xerais

Acordo do 24 de outubro de 2025 polo que se modifica o Regulamento para a creación, modificación e supresión das plataformas científico–tecnolóxicas

A Vicerreitoría de Política Científica propón, ao efecto de atender as necesidades detectadas nalgunhas plataformas científico-tecnolóxicas, a creación da figura do/a responsable técnico/a como unha figura de apoio, cando o volume de actividade ou a complexidade das instalacións así o recomenden. A proposta de nomeamento deste/a responsable será realizada polo responsable científico- técnico/a.

Tamén procede emendar a omisión no anexo do Regulamento da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA).

INCLUSIÓN DO ARTIGO

Artigo 7 bis. Responsable técnico/a

Naquelas plataformas que polo seu volume de actividade ou a complexidade das instalacións o correcto funcionamento das mesmas así o aconselle poderá nomearse, a proposta do/a responsable científico/a-técnico/a, un/ha responsable técnico/a, posto que será desempeñado por persoal da comunidade universitaria ligado á propia plataforma, con actividade no ámbito da investigación ou con actividade de carácter técnica ou de xestión.

As funcións do/a responsable técnico/a serán as de apoiar ao responsable científico-técnico no desenvolvemento das súas funcións, e en especial aquelas relacionadas coa supervisión do persoal, o mantemento e correcto funcionamento dos servizos e a relación con usuarios, tanto internos á comunidade universitaria como externos.

O/a responsable técnico/a poderá recibir unha compensación económica polo desenvolvemento das súas funcións de apoio, con cargo aos fondos xerados pola actividade da plataforma.

MODIFICACIÓN DO ANEXO DO REGULAMENTO

Inclúese no anexo do Regulamento a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA).

Publicado no taboleiro electrónico da USC con data do 29/10/2025 CSV: 5FB3-FAEE-48F5-947A