Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

STG
2009
Logo do premio

O Premio "Luísa Villalta" a Iniciativas Normalizadoras ten o obxectivo principal de promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua.

  • O Servizo de Normalización Lingüística da UDC, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan anualmente o Premio "Luísa Villalta" a Iniciativas Normalizadoras, co obxectivo principal de promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua dentro das súas institucións e no contorno en que se desenvolven as súas actividades.

    O concurso está dirixido a todos os membros das tres universidades galegas, que poderán participar en dúas modalidades:

    a)    Deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. O premio é de 3000 , para a persoa ou grupo que a propoña.

    b)   Premio a unha idea para a promoción do galego, que se premiará con 1500 €.

    O prazo de presentación para estes VI Premios remata ás 14 h do día 20 de novembro de 2009.

  • O prazo de presentación para estes VI Premios remata ás 14 h do día 20 de novembro de 2009.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2023.