Esta rede está constituída por máis de 1700 puntos de acceso en 69 edificios (52 no Campus de Santiago e 17 no de Lugo), configurando unha das redes sen fíos máis extensas de Galicia. Todos os puntos están preparados para funcionar nas bandas de 2,4 G e 5 Ghz. soportando os estándares IEEE 802.11.b/g/n/ac e 802.11ax.
Eduroam é un proxecto das redes de investigación europeas, coordenado en España por RedIRIS, que consiste nun espazo de colaboración e mobilidade entre as organizacións da comunidade de investigación que permite que, cando os usuarios se despracen entre elas, dispoñan de conectividade de xeito automático. Podes consulta as institucións asociadas en http://www.eduroam.es ou https://www.eduroam.org.
A rede Eduroam utiliza sistemas de autenticación e cifrado para permitir o acceso a Internet en calquera das universidades ou institucións adheridas e, ademais, o acceso a algúns servizos internos da USC en función do perfil do usuario (PDI, PAS ou estudante).
Para utilizar Eduroam debes configurar adecuadamente o teu ordenador ou dispositivo portátil e dispoñer dunha credencial autorizada pola túa institución. Podes obter máis información sobre a xestión das credenciais da USC na sección de identidade. Os usuarios externos á USC que desexen utilizar Eduroam deberán estar dados de alta previamente na súa institución.
Configuración mediante Eduroam CAT
Este é o método recomendado. Accede a http://cat.eduroam.org y selecciona "Descargue o seu instalador de eduroam". A continuación, selecciona a túa universidade e, por último, o sistema operativo (dispoñibles: Windows, algunhas distribucións de Linux, Apple, Android e Chrome OS).
Parámetros para a configuración manual
Recoméndase a configuración de Eduroam mediante Eduroam CAT (http://cat.eduroam.org).
No caso de ser preciso facer a configuración manualmente:
- Autenticación e control de acceso mediante os estándares 802.1.x e WPA2-Enterprise (parte do estándar 802.11.i)
- Protocolo de seguridad inalámbrica: WPA2-AES
- Protocolos de autenticación e cifrado: EAP-TTLS + PAP
- Identidade anónima ou externa do protocolo PAP: anonymous [at] usc.es (anonymous[at]usc[dot]es)
- Os datos de usuario serán os correspondentes a súa credencial de usuario corporativa ou, no caso de persoas alleas á USC, os da súa institución de orixe.
- Debe activar a comprobación do certificado dixital. Este é un paso importante xa que desta maneira o dispositivo non se conectará a redes maliciosas que poidan falsear o identificador de rede (SSID) "eduroam".
- Na selección de certificado escolle o da autoridade de certificación "Comodo CA Limited" (AAA Certificate Services), que é o provedor de certificados empregado pola USC a través do servizo TCS de RedIRIS.
- No caso de non estar incluído no sistema operativo do teu dispositivo descarga o arquivo ou AAA-Certificate-Services.pem (suma SHA256: a5ddabd1602ae1c66ce11ad078e734cc473dcb8e9f573037832d8536ae3de90b)