- Entidad
- Xunta de Galicia-Fulbright España
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud
Programa de bolsas Xunta de Galicia/Fulbright para a ampliación de estudos artísticos en Estados Unidos de América durante o curso 2025-2026, en calquera especialidade ou área de actividade artísticas (artes audiovisuais; artes escénicas; artes plásticas e visuais; música e musicoloxía; museoloxía e conservación do patrimonio; xestión cultural).
As bolsas contemplan a formación académica; a realización de actividades de investigación artística; o desenvolvemento de proxectos artísticos cun sólido compoñente investigador; e calquera combinación dos anteriores.
O proxecto proposto debe desenvolverse en EE.UU. nun nivel equivalente ao de estudos de posgrao, a tempo completo e de forma presencial, non admitíndose a priori actividades a distancia ou en liña. O Programa Fulbright apoiará os candidatos pero non xestiona o acceso ás institucións estadounidenses. É imprescindible dispoñer dunha carta de invitación ou admisión para optar a esta bolsa.
Requisitos:
- Estar vinculado a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos, ou traxectoria profesional.
- Posuír o título superior de grao ou outro título expedido por unha institución recoñecida que acredite a formación na disciplina artística de que se trate. Así mesmo, poderán optar á bolsa quen conte coa suficiente experiencia profesional para obter a carta de invitación ou admisión nun centro de EE.UU. Non poderán optar a esta bolsa quen terminase un doutoramento antes da data de inicio da estancia en EE.UU, nin quen o finalice durante o período de gozo desta.
- Dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nun centro estadounidense para realizar un programa académico ou de investigación acorde co proxecto descrito na solicitude.
- Coñecemento do idioma inglés -falado e escrito-, suficiente para desenvolver o proxecto proposto. Caso de non presentar os resultados de ningún exame, a Comisión resérvase o dereito de comprobar o nivel de inglés polos medios que considere adecuados.