Europass é unha iniciativa da Unión Europea para facer transparente a presentación de competencias e cualificacións, co obxectivo de facilitar a mobilidade laboral e académica, que se traduciu un conxunto gratuíto de ferramentas en liña que permiten xestionar as competencias e planificar a aprendizaxe e a carreira profesional en Europa.
É posible crear unha conta gratuíta, onde rexistrar todas as experiencias de traballo, educación, coñecementos, habilidades etc. Ademais, todos os documentos que describen os logros alóxanse nunha biblioteca persoal ou carteira persoal (wallet) onde se poden gardar títulos, cartas de referencia, documentos,...
Unha vez finalices con éxito a Microcredencial Universitaria cursada, a USC emitirá unha credencial dixital de Europass en formato electrónico seguro no que se documenta o logro obtido xunto con moita outra información relevante sobre a microcredencial, que permite verificar a súa autenticidade e compartila con terceiros (persoas, empresas, institucións).
Dita credencial enviarase ao correo electrónico do estudante que poderá visualizala a través do portal EDCI Viewer de Europass (https://europa.eu/europass/digital-credentials/viewer/#/home)
No caso de dispor de usuario en Europass asociado ao email indicado, a credencial aloxarase directamente na túa Biblioteca (wallet) de Europass. Se non dispós dunha conta, Europass creará de xeito provisional un perfil para que poidas comezar a empregalo.
