Pasar al contenido principal
STG

Exposición 'Auga, lodo e capital' de Àlvar Calvet

05.02.2026-18.03.2026

Santiago de Compostela

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

A Igrexa da Universidade acolle a mostra 'Auga, lodo e capital', do artista visual, docente e activista afincado en Tarragona Àlvar Calvet, entre os días 5 de febreiro e 18 de marzo. 

'Auga, lodo e capital' sitúanos fronte á ferida aberta nas veas da terra: os seus ríos e leitos. Àlvar Calvet diseca como o sistema transmutou o elemento primixenio da vida nunha mercadoría especulativa. Esta mostra chega a Galicia nun momento crítico: o artista vencella a ameaza da planta de Altri con outras cicatrices hídricas que marcaron a súa traxectoria -desde o Ebro ao embalse de Riudecanyes, pasando polo Arga ou o Aniene italiano-, expoñendo o conflito da auga como un epicentro onde coliden a economía, a política e a ecoloxía.

Entendendo que o sedimento é a memoria física do río, Calvet traslada esta materia ante o altar deste espazo de mística compartida. As pezas tradicionais convértense en ferramentas de debate contemporáneo: as trinta moedas moldeadas con sedimentos do Ulla simbolizan a traizón e a mercantilización dos recursos naturais.

O artista desprega unha liturxia de elementos rituais -pendóns e columnas de cántaros que sosteñen o peso da especulación- onde o pan e a auga, como símbolos primixenios, dialogan coa arquitectura relixiosa que acolle a mostra. A través destes materiais humildes, Calvet suxírenos unha escoita activa da contorna. Auga, Lodo e Capital é un recordatorio de que a explotación dos recursos hídricos traizoa a nosa propia natureza e a da nosa contorna. En Galicia, esta ferida non é unha abstracción: é presente, territorio e conflito. A arte actúa aquí como un catalizador poderoso, aínda que sexa baixo a forma dunha manchea de barro ferido.

A mostra pode visitarse en horario de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Cartel da mostra
Cartel da mostra
Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.02.2026.