O curso que se oferta enmárcase no Plan para o Desenvolvemento de Microcredenciais Universitarias (Plan Microcreds), financiado a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, concretamente no Compoñente 21, Investimento 6.
Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar unha nova oferta de microcredenciais universitarias orientadas á recualificación da poboación adulta, mediante accións formativas breves, flexibles e modulares, enfocadas á adquisición de habilidades e competencias específicas demandadas no mercado laboral.
Neste contexto, o curso destínase especificamente á formación de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou mulleres en contextos de prostitución, usuarias dos servizos de Cáritas Diocesana de Lugo, entidade que desenvolve unha labor de atención integral e acompañamento social con este colectivo. A través desta acción formativa preténdese favorecer a súa empregabilidade, autonomía persoal e inclusión sociolaboral, contribuíndo aos seus procesos de recuperación e empoderamento.
Programas e Contidos:
Módulo 1 Fundamentos de comercio
Contidos: Tipos de comercio; roles; ciclo da venda.
Duración: 4
Módulo 2 Atención ao cliente
Contidos: Técnicas de venda; fidelización; reclamacións.
Duración: 8
Módulo 3 Marketing básico
Contidos: PVP; promocións; exhibición.
Duración: 8
Módulo 4 Xestión do punto de venda
Contidos: Merchandising;reposición; inventario.
Duración: 6
Módulo 5 Marketing dixital de proximidade
Contidos: Redes sociais; anuncios locais; WhatsApp Business.
Duración: 4
Obxectivos
Adquirir os coñecementos necesarios para unha axeitada atención ao cliente e xestión do negocio.
Competencias
S.1.6.1.
-Prestar un servizo de atención ao cliente de primeira calidade.
-Realizar actividades de posvenda.
-Realizar a toma de pedidos.
Metodoloxía
A metodoloxía didáctica aplicarase mediante un enfoque activo, participativo, inclusivo e orientado á empregabilidade, favorecendo a aprendizaxe por competencias a través da integración de habilidades dixitais, sociais, de comunicación, transversais e técnicas, así como do desenvolvemento de destrezas prácticas directamente transferibles ao posto de traballo. Promoverase unha aprendizaxe significativa e experiencial mediante simulacións, role-playing, estudo de casos, microproxectos e demostracións guiadas polo persoal docente, garantindo ao mesmo tempo unha metodoloxía inclusiva adaptada a diferentes ritmos e niveis, con especial atención ao apoderamento feminino, á autoconfianza e á toma de decisións, empregando linguaxe accesible e materiais visuais. O traballo colaborativo en pequenos grupos e as actividades cooperativas estimularán o apoio mutuo, mentres que o enfoque integral de empregabilidade potenciará competencias clave como a comunicación, a planificación, a resolución de problemas e o traballo en equipo, preparando as alumnas para tarefas reais e reforzando a súa autonomía persoal. As sesións desenvolveranse prioritariamente de forma presencial, combinando clases teóricas con actividades prácticas e participativas, enriquecidas con recursos audiovisuais, nun marco comunitario e colaborativo que fomente o intercambio e a cooperación, partindo sempre dos coñecementos previos e das características individuais das participantes.
Prazo de Preinscrición: do 02 ao 11 de febreiro de 2026
Prazo de Matrícula: do 12 ao 20 de febreiro de2026.
Criterios de Selección: Mulleres en situación de vulnerabilidade, que se atopan con dificultades para acceder a recursos formativos, laborais e sociais que lles permitan mellorar a súa autonomía e integración. Persoas entre 25 e 64 anos cumpridos na data de comezo do curso. A selección farase por orde de inscrición e terán prioridade as persoas usuarias dos servizos Cáritas Lugo.
Número de Horas: 30
Datas de inicio e fin das actividades formativas: do 02 ao 10 de marzo de 2026
Horarios:
- Do 2 ao 6 de marzo: 9:30-13:30h.
- Do 9 ao 10 de marzo: 9:00-14:00h
Lugar: Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC. Campus Lugo