Skip to main content
STG

Botou a andar a I Xornada Internacional de Estudos Xacobeos

Imaxe de arquivo de peregrinos na Praza do Obradoiro. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de peregrinos na Praza do Obradoiro. FOTO: Santi Alvite
Este foro nace co obxectivo de presentar as últimas investigacións de universidades portuguesas e españolas sobre a peregrinación xacobea polos camiños de peregrinación de Portugal
Santiago de Compostela

A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, organiza xunto ao Centro de História da Sociedade e Cultura e o Centro Interuniversitario de Estudos Camonianos, os dous pertencentes á Universidade de Coimbra, a I Xornada Internacional de Estudos Xacobeos que botou a andar este xoves 27 e estenderase ata o venres 28.

Este foro nace co obxectivo de presentar as últimas investigacións de universidades portuguesas e españolas sobre a peregrinación xacobea polos camiños de peregrinación de Portugal, hoxe considerados entre os máis importantes a nivel internacional. Entre os relatores cóntase coa presenza do profesor Paolo Caucci, presidente honorario do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago; e Manuel Ferro, membro do Centro Interuniversitario de Estudos Camonianos da Universidade de Coimbra, experto en literatura italiana xacobea; e Filipa Araújo, pertencente ao mesmo centro e experta en literatura barroca xacobea.

As sesións teñen lugar no Auditorio do Colégio de Santo António da Pedreira, na Casa da Infancia Doutor Elysio de Moura, en Coimbra.

The contents of this page were updated on 10.27.2022.