Skip to main content
STG

Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR)

O CETUR é un Centro que aglutina a necesaria interdisciplinaridade do turismo e a diversidade de intereses que se moven en torno a esta actividade: os poderes públicos (neste caso, municipais) como responsables na toma de decisións, con grandes impactos económicos, sociais e ambientais; e o sector privado que ten o reto do investimento empresarial nun ámbito de enorme concorrencia. Outro elemento importante que hai que considerar é a participación activa de grupos de investigación e dos concellos nos que están sediados os dous pólos da USC. Porén, o CETUR aspira a se converter no centro de referencia da investigación, da formación, da información e do asesoramento turístico para toda a Comunidade Autónoma de Galicia, abrindo as súas portas a novos grupos e institucións interesadas.

 

 

CETUR é un proxecto interdisciplinario conta coa participación e o apoio activo de institucións e organismos extra-universitarios que representan os intereses da sociedade. Os grupos de investigación promotores do CETUR forman un núcleo que trata de recoller a diversidade e transversalidade do turismo. Dentro da USC, os grupos promotores corresponden ás disciplinas de Xeografía, Economía, Ciencias Empresariais, Filoloxía e Historia da Arte. Como representantes da Sociedade participan o Concello de Santiago de Compostela, o Concello de Lugo, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación de Empresarios de Hostalería e Restauración de Santiago e comarca, e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo.

The contents of this page were updated on 04.23.2024.