NOVAS INSTITUCIONAIS DO IPsiUS

A investigadora posdoutoral Ana Rita Sa Leite Dias, premio extraordinario de doutoramento 2021/2022
A investigación realizada por Ana Rita Sa Leite Dias, cuxa tese foi defendida en decembro de 2021, recibiu o premio extraordinario de doutoramento na Área de Ciencias Sociais e Xurídicas (subárea de Psicoloxía) da Escola de Doutoramento Internacional da USC
Read more
Psicoloxía lidera un estudo para asentar os adolescentes no sistema educativo e delimitar perfís de risco do fracaso e o abandono escolar
O equipo do proxecto ARASAC reuniuse con persoal investigador de universidades de América Latina
Read more
O IPSiUS logra o 100% de éxito na convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023
Serán financiados cinco proxectos, que acadan en total case 800.000€ e atenden liñas clave de investigación como o tabaquismo, o cancro e o deterioro cognitivo.
Read more
Inaguración do Congreso de Enfermidadse neurodexenerativas
A directora do Instituto de Psicoloxía da USC, Isabel Fraga Carou, inagurou o 20 de novembro o III Congreso Nacional de Enfermedades Neurodegenerativas, xunto con David Facal Mayo, coordinador do Máster de Psicoxerontoloxía, e que actuaba por delegación da Decana de Psicoloxía. No acto tamén participaron Angel Moreno, director de Neurama, e Cesar Bugallo, presidente de FAGAL, entidades organizadoras do congreso.
Read more
O Instituto de Psicoloxía pecha outubro cunha charla de Rosa Baños sobre saúde mental e as I Xornadas Predoutorais
De recente creación, o IPsiUS aposta por un amplo programa de actividades, con charlas divulgativas e de formación
Read more
Carlos Acuña Fariña, investigador do IPsiUS, premiado pola Asociación Española de Estudios Anglo-Norteamericanos
O profesor Carlos Acuña Fariña vén de recibir o galardón "Leocadio Martín Migorance" como Premio de Investigación 2024 en Lingüística Inglesa polo seu libro Syntactic Processing. An Overview, editado por Routledge. O premio entregouse no 47 AEDEAN Conference, en Sevilla, destacando a súa achega aos estudos lingüísticos.
Read more
Bota a andar a actividade do IPsiUS, nova estrutura de coordinación e colaboración na investigación en Psicoloxía
O novo instituto da USC, dirixido pola catedrática Isabel Fraga Carou, acaba de constituír o seu Consello Científico
Read more