Información institucional, boletíns informativos e axenda de actividades do Instituto de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
Inspirador coloquio sobre experiencias, reflexións e traxectorias das mulleres na ciencia
Promovida pola Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía, en colaboración co IPsiUS, e ao abeiro da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o pasado mércores 11 de febreiro, organizou o coloquio “As mulleres na ciencia: existir, resistir e transformar”.
Ler máis
O IPsiUS participa na APP Inxenius, unha nova plataforma para descubrir a ciencia de Santiago
A app Inxenius é unha iniciativa nacida do obradoiro de emprego Genius, no que 16 mozas e mozos menores de 30 anos recibiron formación en desenvolvemento de aplicacións web e produtos audiovisuais multimedia interactivos. A app Inxenius pode descargarse de balde para IOS e Android.
Ler máis
Conferencia sobre a investigación da enfermidade de Alzheimer de Fernando Díaz e Montserrat Zurrón
Destacada partipación do grupo UNDERISK no 11th International Congress of Clinical and Health Psychology in Children and Adolescents
Membros do grupo UNDERISK tiveron unha destacada participación no 11th International Congress of Clinical and Health Psychology in Children and Adolescents, que se desenvolveu en Málaga entre o 19 e o 22 de novembro
Ler máis
Catro membros do IPsiUS obteñen as catedras
Nas últimas semanas, catro membros do Instituto de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (IPsiUS) —Arturo Pereiro, Montserrat Zurrón, Montserrat Corral e Santiago Galdo— obtiveron as súas respectivas prazas de catedrático, un fito que supuxo unha celebración destacada para toda a comunidade do instituto.
Ler máis
Bolsa de colaboración Interreg Volunteer Youth para o proxecto proxecto Innov4Life
Procurase unha persoa voluntaria IVY (Interreg Volunteer Youth) para colaborar no proxecto INNOV4LIFE – Ecosistema transfronteirizo para a innovación colaborativa en saúde dixital, dentro do programa Interreg POCTEP.
Ler máis
Santiago Galdo nomeado presidente da SEPNECA
Santiago Galdo Álvarez, investigador do IPsiUS e membro do grupo Neucoga-Aging, foi nomeado presidente da Sociedade Española de Psicofisioloxía e Neurociencia Cognitiva e Afectiva (SEPNECA).
Ler máis
Estudantado de Psicoloxía, Medicina, Odontoloxía e Enfermaría recibirá formación específica sobre a dor e a súa cronificación
O prazo de inscrición nesta acción formativa remata o 13 de xaneiro
Ler máis
Visita da Comisión Asesora Externa do IPsiUS
A pasada semana a Comisión Asesora Externa visitou o IPsiUS para coñecer de primeira man o traballo desenvolvido ao longo de 2025.
Ler máis
Mª Teresa Carrillo, relatora na XV Edición de Neurobeers
A catedrática Mª Teresa Carrillo, do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía e investigadora adscrita ao IPsiUS, participa cun relatorio titulado «¿Dónde está mi dolor, en la rodilla o en el cerebro?».
Ler máis
Defensa das tres primeiras teses de membros do IPsiUS
Desde a súa creación a finais de 2024 xa se defenderon as teses de tres membros do IPsiUS —Antonio Gil Ugidos; Lucía Vieitez Portas; e Eva Villar García—, encadradas en tres programas de doutoramento (Neurociencia e psicoloxía clínica; Procesos psicolóxicos e comportamento social; e Desenvolvemento psicolóxico, aprendizaxe e saúde).
Ler máis
Inaguración do Congreso de Enfermidadse neurodexenerativas
A directora do Instituto de Psicoloxía da USC, Isabel Fraga Carou, inagurou o 20 de novembro o III Congreso Nacional de Enfermedades Neurodegenerativas, xunto con David Facal Mayo, coordinador do Máster de Psicoxerontoloxía, e que actuaba por delegación da Decana de Psicoloxía. No acto tamén participaron Angel Moreno, director de Neurama, e Cesar Bugallo, presidente de FAGAL, entidades organizadoras do congreso.
Ler máis
O Instituto de Psicoloxía pecha outubro cunha charla de Rosa Baños sobre saúde mental e as I Xornadas Predoutorais
De recente creación, o IPsiUS aposta por un amplo programa de actividades, con charlas divulgativas e de formación
Ler máis
Carlos Acuña Fariña, investigador do IPsiUS, premiado pola Asociación Española de Estudios Anglo-Norteamericanos
O profesor Carlos Acuña Fariña vén de recibir o galardón "Leocadio Martín Migorance" como Premio de Investigación 2024 en Lingüística Inglesa polo seu libro Syntactic Processing. An Overview, editado por Routledge. O premio entregouse no 47 AEDEAN Conference, en Sevilla, destacando a súa achega aos estudos lingüísticos.
Ler máis
Bota a andar a actividade do IPsiUS, nova estrutura de coordinación e colaboración na investigación en Psicoloxía
O novo instituto da USC, dirixido pola catedrática Isabel Fraga Carou, acaba de constituír o seu Consello Científico
Ler máis