Skip to main content
STG
Internacionalización na casa
Descubre como podes conectar co mundo dende a túa contorna máis próxima

O concepto de “Internacionalización na casa” pon de relevo a necesidade de estender os beneficios da internacionalización a toda a comunidade universitaria, indo máis alá da mobilidade física, considerada tradicionalmente como o eixo central da internacionalización nas universidades.

Este enfoque ten como obxectivo integrar as dimensións internacionais e interculturais no currículo formal e informal do estudantado, así como nas competencias profesionais do PDI e do PTXAS, contribuíndo deste xeito ao fomento dunha internacionalización máis inclusiva, que beneficie a un maior número de membros da comunidade universitaria.

The contents of this page were updated on 03.12.2025.