
Descubre como podes conectar co mundo dende a túa contorna máis próxima
O concepto de “Internacionalización na casa” pon de relevo a necesidade de estender os beneficios da internacionalización a toda a comunidade universitaria, indo máis alá da mobilidade física, considerada tradicionalmente como o eixo central da internacionalización nas universidades.
Este enfoque ten como obxectivo integrar as dimensións internacionais e interculturais no currículo formal e informal do estudantado, así como nas competencias profesionais do PDI e do PTXAS, contribuíndo deste xeito ao fomento dunha internacionalización máis inclusiva, que beneficie a un maior número de membros da comunidade universitaria.
Nesta sección atoparás información sobre actividades relacionadas coa internacionalización, como xornadas, seminarios e outros eventos de interese organizados na USC.
Nas lapelas laterais poderás consultar as diferentes iniciativas dispoñibles, e dentro de cada unha delas accederás a toda a información necesaria sobre contidos, datas, inscricións e outros detalles relevantes.
Mantente ao día e aproveita todas as oportunidades dispoñibles!
TÍTULO DA ACTIVIDADE | Xornadas científicas de Enfermaría |
DESCRICIÓN |
|
DATA | 1 de abril de 2025 |
LUGAR | Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo |
HORA | Durante todo o día e a mañá seguinte |
PERSOAS DESTINATARIAS | PDI |
PERSOA DE CONTACTO PARA INFORMACIÓN ADICIONAL | Inés Rivas Fernández (i.rivas.fernandez [at] usc.es (i[dot]rivas[dot]fernandez[at]usc[dot]es)) |