Segundos datos provisorios do Ministerio de Sanidade, nas probas selectivas de 2025 para o acceso a Formación Sanitaria Especializada en 2026 dúas persoas tituladas na USC sitúanse entre as dez mellor cualificadas en cadansúa especialidade. Paula Castro Morais acadou o sexto posto na especialidade de Psicoloxía (PIR), mentres que o graduado en Biotecnoloxía Sergio Maestro de la Fuente quedou noveno na de Bioloxía (BIR).
É de salientar que ao exame da especialidade de Psicoloxía realizado o pasado mes de xaneiro se presentaran en todo o Estado un total de 3.355 persoas e ao de Bioloxía 1.126. O índice de aprobado foi moi alto, superando o 90 por centro nos dous casos, pero para o PIR só se ofrecen 280 prazas de formación e para o BIR 83.
O graduado en Biotecnoloxía Sergio Maestro de la Fuente quedou noveno na súa especialidade. Foto: Santi Alvite
The contents of this page were updated on 03.03.2026.