Pasar al contenido principal
STG

Paula Castro e Sergio Maestro, sexto e noveno posto nas probas de acceso á Formación Sanitaria Especializada en Psicoloxía e Bioloxía

A graduada en Psicoloxía Paula Castro Morais acadou o sexto posto. Foto: Santi Alvite
A graduada en Psicoloxía Paula Castro Morais acadou o sexto posto. Foto: Santi Alvite
Ao PIR presentáronse en todo o Estado un total de 3.355 persoas e ao BIR 1.126
Santiago de Compostela

Segundos datos provisorios do Ministerio de Sanidade, nas probas selectivas de 2025 para o acceso a Formación Sanitaria Especializada en 2026 dúas persoas tituladas na USC sitúanse entre as dez mellor cualificadas en cadansúa especialidade. Paula Castro Morais acadou o sexto posto na especialidade de Psicoloxía (PIR), mentres que o graduado en Biotecnoloxía Sergio Maestro de la Fuente quedou noveno na de Bioloxía (BIR).

É de salientar que ao exame da especialidade de Psicoloxía realizado o pasado mes de xaneiro se presentaran en todo o Estado un total de 3.355 persoas e ao de Bioloxía 1.126. O índice de aprobado foi moi alto, superando o 90 por centro nos dous casos, pero para o PIR só se ofrecen 280 prazas de formación e para o BIR 83.

O graduado en Biotecnoloxía Sergio Maestro de la Fuente quedou noveno na súa especialidade. Foto: Santi Alvite
O graduado en Biotecnoloxía Sergio Maestro de la Fuente quedou noveno na súa especialidade. Foto: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.03.2026.