Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. Metodoloxía: O curso ten un marcado carácter práctico e estará baseado fundamentalmente no uso de ferramentas informáticas libres (R e RStudio) que os alumnos deberán ter instaladas no seu ordenador.
-
Ubicación
LugoModalidad
PresencialDuración
Horas presenciales: 12
Horas de trabajo: 3
Total: 15Matrícula en la actividad
18/03/2025 - 25/03/2025Desarrollo de la actividad
01/04/2025 - 04/04/2025Profesor/a
Eduardo Jose Corbelle Rico -
Grupo Lugar Fechas Horario Análise e visualización de datos espaciais con R Edificio CACTUS Aula planta baixa- Campus de Lugo 1, 2, 3 e 4 de abril de 2025 10:00 a 13:00h -
O alumno aprenderá a:
- Localizar e instalar paquetes con funcionalidades adicionais para o manexo de información espacial en R.
- Importar e exportar datos espaciais en R, en formato vectorial e ráster.
- Realizar operacións espaciais simples en R (superposición, unión de información espacial e non espacial, recorte e selección…).
- Crear mapas con calidade adecuada para o seu uso en publicacións e presentacións orais.
-
*Sesión 1. Introdución a R (2 h).
- R como linguaxe orientada a obxectos.
- Importación e exportación de datos.
- Reproducibilidade e replicabilidade. Boas prácticas. Sistemas de control de versións.
*Sesión 2. Instalación de paquetes adicionais (2 h). - Localización de paquetes adicionais. As task views.
- Instalación e carga de paquetes adicionais.
*Sesión 3. Tratamento de datos vectoriais (2 h). - O paradigma de entidades simples.
- Importación e exportación de datos vectoriais.
- Asignación e cambios de sistemas de referencia e proxección.
- Operacións básicas con datos vectoriais.
*Sesión 4. Tratamento de datos ráster (2 h). - O paquete raster.
- Carga en memoria de datos ráster: vantaxes e inconvenientes.
- Operacións de reproxección.
- Operacións básicas con datos ráster.
*Sesión 5. Preparación de mapas con R (2 h). - O marco básico: grammar of graphics. O paquete tmap.
- Combinación de datos vectoriais e ráster.
- Adición de elementos decorativos.
*Sesión 6. Exportación de mapas (2 h). - Criterios de calidade para publicación.
- Exportación en formato vectorial e ráster.
- Creación de mapas por lotes.
- A superación dos módulos requirirá unha asistencia mínima do 75% das sesións (10 horas presenciais) e a realización de tarefas relacionadas cos contidos indicadas polo docente ao longo do curso.
-
Eduardo José Corbelle Rico é doutor enxeñeiro de montes pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é profesor contratado doutor no Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC e desenvolve a maior parte da súa labor docente na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo. As súas principais liñas de investigación son a análise e modelización de cambios históricos de uso/cuberta do solo e a análise dos mercados de terras rústicas. ORCID: 0000-0002-2382-6767.