Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

STG

Doutorarse con perspectiva de xénero

  • 2024/2025

Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. Neste curso abordarase a situación do alumando que se atopa desenvolvendo un doutoramento con perspectiva de xénero, ofrendo ferramentas e estratexias para o afrontamento e a resolución dos distintos pasos do proceso investigador, desde un marco teórico-práctico feminista. así, revisaranse os diferentes casos de teses que incorporen a devandita perspectiva, acompañando as dificultades propias deste tránsito académico, incidindo nas particularidades dun doutoramento con perspectiva de xénero. Neste senso, abordaranse os posibles problemas que poidan presentar os distintos traballos, as dificultades e preocupacións do alumnado, na busca de solucións potenciais; descubrindo e analizando alternativas con respecto á inclusión de ideas, mais, tamén, no relativo á expresión con linguaxe inclusiva, tanto na fase de redacción como de cara á súa defensa. Fomentarase a (auto- e co-)avaliación dos diferentes proxectos e propostas -re-situando os traballos desde a singularidade de cada caso- recoñecendo e poñendo en valor a importancia das súas contribucións en prol do desenvolvemento dun coñecemento, dunha ciencia, máis relevante para a sociedade.

  • Ubicación
    Santiago

    Modalidad
    Presencial

    Duración
    Horas presenciales: 10
    Total: 10

    Matrícula en la actividad
    03/04/2025 - 10/04/2025

    Desarrollo de la actividad
    22/04/2025 - 30/04/2025

    Profesor/a
    Jorge Garcia Marin

    Profesor/a
    Aixa Permuy Martinez

    Número total de plazas
    15

    Tasa general
    0

    Matrícula
    Límite de plazas con lista de espera
    Matrícula

  • Grupo Lugar Fechas Horario
    Doutorarse con perspectiva de xénero Facultade de Ciencias da Educación, seminario 1 do 2º andar do módulo c2 - Campus Vida martes 22, mércores 23, martes 29 e mércores 30 de abril de 2025 11:00 - 13.30 h
    • Capacidade para a definición e análise das particularidades, problemáticas e preocupacións que atravesan un doutoramento con perspectiva de xénero.
    • Estratexias e ferramentas para o afrontamento e a resolución de dificultades e/ou problemas.
    • Desenvolvemento en contextos con pouca información específica.
    • Integración de coñecementos, defensa e crítica de ideas.
    • Deseño, creación e desenvolvemento de alternativas expresivas e comunicativas.
    • Traballo reflexivo -autónomo e cooperativo-.
    • O desenvolvemento dunha tese de doutoramento con perspectiva de xénero:
    • particularidades, problemáticas e preocupacións
    • Formulación da investigación: cuestións sensibles ao sexo-xénero
    • corpos incluídos e corpos descartados
    • normas ou relacións reforzadas ou transformadas
    • oportunidades creadas e oportunidades perdidas
    • Estratexias e ferramentas para o afrontamento e a resolución de problemas no marco dunha tese de doutoramento con perspectiva de xénero.
    • Elaboración dunha tese con perspectiva de xénero: inclusión de ideas, linguaxes e formatos.
    • A presentación e exposición pública dunha tese con perspectiva de xénero
  • Avaliarase a través da asistencia e participación nas aulas.