Pasar al contenido principal
STG

Seminario web con inscrición previa

Revisións por pares: boas prácticas e recomendacións

22.01.2026 | 14.00h-15.00h

O I Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, organizado pola FECYT xunto con Clarivate, terá lugar durante o primeiro semestre do ano (xaneiro-xuño), co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos, por medio de varias sesións gratuitas, en español, de 60 minutos de duración, a razón de dúas ou tres sesións por mes.

Aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de xaneiro
Aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de xaneiro

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse cun correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.  

Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión serán:

  • Revisións por pares: boas prácticas (José Luis Gómez Ramos, Prof. na Universidade de Extremadura)
  • As revisións por pares en Web of Science (Anne Delgado)
     

As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.

Podes inscribirte nesta ligazón.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.01.2026.