Pasar al contenido principal
STG

Novas funcionalidades de Web of Science

A licenza de WOS para os anos 2024-2026 permite, entre outras melloras, a exportación do CVN desde o perfil de investigador da plataforma, así como o acceso ao novo índice Grants, que recolle o financiamento dos proxectos asociados a publicacións incluídas en WOS.

Leer más

Centro de interese 8M na Biblioteca Xeral

A biblioteca Xeral ofrece, durante este mes, un centro de interese cunha selección de fondos sobre a muller na literatura, ensaio de xénero, estudos históricos e visibilidade do feminismo na banda deseñada, ente outros. Boa parte destas autoras tiveron relación coa USC.

Leer más

A muller na banda deseñada

A biblioteca Concepción Arenal súmase ao 8M coa mostra bibliográfica "A muller na banda deseñada", unha escolla de obras de banda deseñada onde as protagonistas son as mulleres. Ademais da mostra virtual, poderá visitarse na propia biblioteca ata o 14 de marzo.

Leer más

Formación de Wiley para autores

Entre o 7 de marzo e o 21 de maio a editorial Wiley oferta unha serie de formacións web na que os autores poderán aprender a realizar buscas efectivas, descubrir ferramentas da intelixencia artificial aplicadas á edición científica e coñecer as últimas iniciativas relacionadas co acceso aberto. É necesaria inscrición previa

Leer más