Ir o contido principal
STG

Prácticas

As prácticas tuteladas constitúen 6 materias obrigatorias da titulación, que fan referencia á formación práctica do estudante mediante estancias clínicas en centros sanitarios da provincia de Lugo.

As prácticas permiten ao estudante completar a adquisición de competencias do título, que lle capacitan para o futuro desempeño profesional. As prácticas tuteladas están secuenciadas cos contidos das materias teóricas; inclúen a integración de coñecementos básicos e específicos da profesión e o desenvolvemento de habilidades para a realización dos coidados enfermeiros. Cúrsanse en segundo, terceiro e cuarto curso, cunha carga total de 84 créditos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2023.