Ir o contido principal
STG

Departamentos

Os departamentos son as unidades básicas encargadas da programación e o desenvolvemento do ensino e do apoio á investigación, e agrupan o persoal docente e investigador dunha ou máis áreas de coñecemento.

A USC conta con 50 departamentos distribuídos en cinco grandes áreas de coñecemento: 10 en ciencias da saúde, 13 en ciencias, 16 en ciencias sociais e xurídicas, 4 en enxeñaría e arquitectura e 7 en artes e humanidades.

Corresponde aos departamentos ocuparse da programación, o desenvolvemento e o seguimento das ensinanzas asignadas de cadansúa área de coñecemento de acordo cos plans de estudo dos graos, programas de doutoramento, másteres propios e cursos de especialización e de formación continua.

Departamentos