Ir o contido principal
STG

Graos

Os graos teñen como finalidade achegar ao estudantado unha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á súa preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional.

Nos centros do Campus de Santiago impártese a docencia de 35 graos e 9 dobres graos. As escolas e facultades do Campus de Lugo ofertan 17 titulacións: 15 graos e 2 dobres graos.

Hai 10 titulacións na área de coñecemento de Artes e Humanidades, 9 na de Ciencias –que se dispensan todas elas no Campus de Santiago–, 10 na de Ciencias da Saúde, 21 na de Ciencias Sociais e Xurídicas e, por último, 10 na de Enxeñaría e Arquitectura. 

A maior parte das titulacións de grao teñen unha duración de catro anos (ou 240 ECTS), e as de dobre grao, polo xeral, oscilan entre e cinco e seis cursos académicos.

O estudantado, á parte de superar as materias propias de cada grao, tamén deberá realizar a defensa dun traballo de fin de grao e, nalgunhas titulacións, prácticas en empresas ou institucións.