O Campus Terra de Lugo, promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, nace como resultado do acordo entre a USC e a Secretaría Xeral de Universidades, dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, coa intención de transformar o campus de Lugo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medioambiental do uso da TERRA.
PICTERRA
Listaxe de distribución de actividades do Campus Terra
Se queres manterte informado/a de todo o que acontece no Campus Terra, dáche de alta na lista de distribución de información sobre as actividades do Campus Terra.
Para subscribirte, accede a
https://listas.usc.gal/wws/info/usc-campusterra
e introduce as túas credenciais no Acceso USC.
Podes atopar máis información sobre o funcionamento do servidor de listas da USC en: https://www.listas.usc.es
Actualidade
Bico de Xeado recibe o XXVI Premio Aresa nunha gala celebrada na Facultade de Veterinaria de Lugo
O xurado distinguiu esta iniciativa pola súa inmensa ligazón co medio rural e o sector primario e polas súas tres liñas de traballo: produción leiteira, prestación de servizos e elaboración e comercialización dos seus propios xeados en Galicia e fóra
Ler máis
‘Minerais contra o cancro’ constata niveis baixos de selenio entre a poboación malia tratarse dun nutrinte esencial
O estudo liderado por USC e HULA presentou os seus principais resultados
Ler máis
Os tres campus galegos de especialización avanzan no aproveitamento de sinerxías no ámbito da investigación
Na reunión de traballo en Ferrol participou a delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López
Ler máisÚltimas entradas no Blog
Jacobo Álvarez Torres: «Reducir as emisións de metano pasa por medilas en condicións reais de explotación»
Investigador predoutoral do grupo Reprogal na Facultade de Veterinaria do Campus Terra, Jacobo Álvarez Torres traballa en novas ferramentas para reducir as emisións de metano e mellorar a eficiencia reprodutiva do gando
Ler máis
Ignacio García González: «As árbores funcionan como unha caixa negra que rexistra a historia ambiental dos bosques»
Profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra (USC) e referente en dendrocronoloxía, García González analiza como a madeira permite reconstruír o pasado ambiental e anticipar o futuro dos bosques fronte ao cambio climático
Ler máis
Joel Rodríguez Ruiz: «Hoxe é inconcibible tomar decisións forestais sen sistemas de monitorización continua»
O investigador do Grupo PROePLA aposta pola investigación aplicada, a teledetección e os inventarios continuos para mellorar a xestión e a resiliencia dos montes galegos
Ler máis