Ir o contido principal
STG
USC editora
O carácter das publicacións de Edicións USC é académico e científico-técnico e o seu eido temático esténdese a calquera área ou especialidade do coñecemento. Como editorial institucional pública, non persegue prioritariamente ánimo de lucro.

Para acadar o maior difusión e impacto dos seus produtos editoriais, e tamén ao desexable retorno do investimento financeiro en produción editorial, Edicións USC favorece a edición dos orixinais en razón do seu interese temático, actualidade, oportunidade académica, nivel de demanda, transversalidade dos seus contidos e potencialidade de impacto nacional e internacional.

Actualmente, cóntase cun fondo (entre vivo e descatalogado) de máis de 5000 títulos, incluíndo monografías, volumes de revistas e teses doutorais, en todas as materias do coñecemento.

Edicións USC edita revistas científicas en soporte exclusivamente dixital, no seu portal Rev{USC}.

As publicacións de Edicións USC atópanse recollidas, entre outras moitas bases de datos, en Agris, ASFA Database, Bibliographie Linguistique, CIRBIC, DIALNET, DI, Current Index to Statistics, Elsevier Bibliographic Databases, Francis-CNRS, MIAR, MLA, Latindex, Historical Abstracts, Political Science Abstracts, Political Science Complete, ProQuest Periodicals Acquisitions, Redalyc, Regesta Imperii, RESH, TOC Premier, The Philosopher's Index, Scopus,  SocINDEX, Sociological Abstracts (Select.), Ulrich's Periodicals Directory, Westlaw, Worldwide Political Science Abstracts Zoological Record etc.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2023.