A USC celebra o 8M Día Internacional das Mulleres cun amplo programa de actividades institucionais, culturais e reivindicativas
O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres —proclamado polas Nacións Unidas— é unha data de lembranza, recoñecemento e reivindicación. A súa orixe está ligada ás loitas históricas das mulleres traballadoras polos seus dereitos laborais, sociais e políticos, e hoxe constitúe unha xornada global para facer balance dos avances acadados e dos retos que aínda persisten en materia de igualdade.
Na Universidade de Santiago de Compostela reafirmamos o noso compromiso coa construción dunha comunidade universitaria libre de discriminacións, violencias e desigualdades de xénero. O 8M convídanos a reflexionar sobre as fendas que aínda afectan ás mulleres no ámbito académico, científico e profesional, así como a impulsar políticas e accións que garantan a igualdade real e efectiva.
Acto Institucional
Data e lugar: Luns, 09 de marzo de 2026, ás 12.00 h no Salón nobre de Fonseca.
Programa:
- Lectura do manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU).
- Recoñecemento ao Arquivo Histórico Universitario pola súa contribución en prol da igualdade de xénero na USC
- Conferencia: 'O fío invisible: tecendo a igualdade a través dos arquivos', a cargo da Directora do Arquivo Histórico Universitario, Desirée Domínguez Pallas
Presencial e a través da canle de Youtube
Acto oficial conmemorativo do Día Internacional das Mulleres 8M no Campus de Lugo
Obxectivo: lectura dun manifesto e unha fotografía de apoio ao movemento 8M
Dirixido: toda persoa interesada
Datas: venres, 6 de marzo - 11:00 horas - Biblioteca Intercentros
Organiza: Comisións de Igualdade do Campus de Lugo
A indomable – Olga Benario nas súas cartas e nos arquivos da Gestapo. Facultade de Filoloxía
Obxectivo: En 1935, Olga Benario, activista xudía orixinaria de Múnic e axente da Comintern, foi enviada ao Brasil para protexer ao revolucionario Luís Carlos Prestes. Tras o fracaso do intento de golpe de Estado, foi deportada ao Terceiro Reich cando estaba embarazada de sete meses, onde deu a luz á súa filla Anita.
A través das súas cartas e dos arquivos da Gestapo, coñecemos a súa vida desde a deportación ata o seu asasinato nun campo de concentración. Os documentos serán presentados nunha lectura escénica por tres actores, en alemán con subtítulos en español.
Dirixido: Toda persoa interesada
Datas: Luns 2 de marzo - 18:00 - Auditorio da Facultade de Filoloxía
Organiza: Facultade de Filoloxía
Homenaxe a María Luisa Pérez-Soba y Baró, primeira enxeñeira agrónoma de Galicia: descuberta de placa conmemorativa. EPSE
Obxectivo: Recoñecer e visibilizar o legado da primeira enxeñeira agrónoma de Galicia, poñendo en valor o papel das mulleres na enxeñaría e no ámbito científico-técnico
Dirixido: toda a comunidade universitaria
Datas: 6 de marzo 12:00 horas Aulario 2 da EPSE
Organiza: Comisión Igualdade de Xénero da EPSE
Mes das Politólogas. Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Obxectivo: visibilizar e poñer en valor as achegas das mulleres ao desenvolvemento da Ciencia Política. A mostra reúne unha selección de obras pertencentes aos fondos da biblioteca, con especial atención ás publicacións de politólogas da nosa Universidade, así como de destacadas autoras do ámbito galego, español e internacional, cuxos traballos teñen contribuído de maneira decisiva ao avance do coñecemento nesta disciplina.
Dirixido: toda a comunidade universitaria
Datas: inaugúrase o 2 de marzo e permanecerá instalada durante todo o mes no vestíbulo do aulario da Facultade
Organiza: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais - a través da Comisión de Cultura- e a Biblioteca Concepción Arenal
Actualización da listaxe das vítimas de violencia de xénero e lectura do manifesto do 8M. Facultade de Filosofía
Obxectivo: Visibilizar ás vítimas de violencia de xénero mediante a actualización da listaxe das mesmas como cada primeiro mércores do mes. Ademais, reafirmar o compromiso coa igualdade a través da lectura do manifesto polo 8M redactado pola Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU).
Dirixido: Toda a comunidade universitaria
Datas: 4 de marzo, ás 12h., no vestíbulo da Facultade
Organiza: Facultade de Filosofía
Acto de entrega dos premios aos mellores traballos de Fin de Grao e Fin de Máster pola introdución da perspectiva de xénero. Facultade de Filosofía
Obxectivo: A presentación do acto correrá a cargo de Sonia Esperanza Rodríguez Boente, coordinadora da OIX e delegada do reitor para Igualdade. O acto contará coa presencia das premiadas: Sofía Novo e Lara Lourido.
Dirixido: Toda a comunidade universitaria
Datas: 5 de marzo ás 17:00 no Salón de Actos
Organiza: Facultade de Filosofía
Lectura do manifesto da RUIGEU e Actuación do coro Verba Volant. Facultade de Filoloxía
Dirixido: Toda persoa interesada
Datas: Venres 6 de marzo – 13:30 – Auditorio da Facultade de Filoloxía
Organiza: Facultade de Filoloxía, Comisión de Igualdade
Entrega dos premios do X Concurso de TFG sobre Enxeñaría e Muller Rural. EPSE
Obxectivo: Recoñecer e difundir traballos académicos que incorporen a perspectiva de xénero na enxeñaría, visibilizando o papel das mulleres no ámbito rural e promovendo referentes femininos no sector. Intervirá María López de La Calle. As premiadas explicarán os TFG galardonados.
Dirixido: toda a comunidade universitaria
Datas: 9 de marzo, 12:30 Sala de Xuntas da EPSE
Organiza: Comisión Igualdade de Xénero da EPSE
Mural Homenaxe a Mulleres destacadas no ámbito das RRLL e RRHH. Facultade de Relacións Laborais
Obxectivo: Para conmemorar o Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo, vaise realizar un Mural Homenaxe a Mulleres destacadas no ámbito das RRLL e RRHH, para resaltar o valor de diferentes figuras femininas que foron e/ou son un referente a seguir no eido das relacións laborais e das organizacións. O obxectivo é que o estudantado colabore nesta actividade. Para participar so é necesario que o estudantado envíe unha fotografía daquela muller/es que considere referente neste área acompañada cun pequeno texto (máximo 25 palabras) explicando por que a considera un referente a seguir. Posteriormente, as fotografías co texto que as acompañan serán expostas nos paneis do Centro.
Dirixido: estudantado do Grao de Relacións Laborais e RRHH, do Máster Univ. en Xestión e Dirección Laboral e Máster Univ. en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense / correo electrónico.
Datas: 9 de marzo, Facultade de Relacións Laborais
Organiza: Facultade de Relacións Laborais.
Xornada 11F: "Living Science. Investigadoras contra o cancro". CIMUS
Obxectivo: O CiMUS da USC celebra un ano máis o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Nesta ocasión, faino colaborando coa Asociación Española Contra o Cancro de Santiago de Compostela nun ciclo de talleres divulgativos orientados a espertar vocacións científicas entre uns 80 alumnos e alumnas de 4º de Primaria de entre 9 e 10 anos. "Living Science" (Ciencia Viva) é a lema elixido para achegar a ciencia a través de sesións sobre prevención do cancro de pel e a importancia da protección solar, alimentación e hábitos de vida saudable, contido de azucre en refrescos, extracción de ADN, coñecemento sobre a célula, moléculas ou compoñentes do sangue, saúde cardiovascular ou o estudo da temperatura corporal. O programa completarase, ademais, con xogos de memoria e coñecemento de famosas mulleres que marcaron o coñecemento científico ao longo da historia a través dos seus inventos e descubrimentos. Xúntase programa.
Dirixido: Dirixido a alumnado de 4º de Primaria (80 alumnos e alumnas). Colexio invitado: CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
Datas: 09/03/2025, de 10:00 a 13:30 horas. Hall do CiMUS.
Organiza: O CiMUS e a xunta compostelá da Asociación Española contra el Cáncer de A Coruña.
Máis información: https://cimus.usc.gal/index.php/gl/evento/xornada-11f-living-science-investigadoras-contra-o-cancro-1
Ciencia e cine en femenino. CIMUS
Obxectivo: O Comité de Diversidade, Equidade e Inclusión do CiMUS da USC organiza con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller (8M), coa proxección en versión orixinal da película "Hidden Figures" e subtitulada en castelán. Esto estará precedido dunha breve introdución a cargo das profesoras invitadas:
Elena Vázquez Cendón, catedrática de Matemática Aplicada.
Saray Busto Ulloa, Profesora de Matemática Aplicada.
Mercedes Conde Amboage, Profesora de Estatística e Investigación Operativa.
Ao rematar a proxección, os asistentes poderán gozar dun espazo distendido de conversa sobre a película e as invitadas, acompañado dun aperitivo e refrescos.
O aforo é limitado, polo que será necesario realizar inscrición previa a través do seguinte formulario
Dirixido: Dirixido a toda a comunidade universitaria.
Datas: 09/03/2025, de 16:30 a 20:00 horas. Theatre room, CiMUS.
Organiza: Comité de Diversidade, Equidade e Inclusión do CiMUS.
Máis información: https://cimus.usc.gal/gl/evento/ciencia-e-cine-en-feminino
Presentación do libro Luisa Cuesta Rodríguez. Primeira profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Humanidades
Obxectivo: Poñer en valor a figura de Luisa Cuesta Rodríguez como pioneira da docencia universitaria e referente na loita pola igualdade, visibilizando o papel das mulleres na historia da Universidade de Santiago de Compostela no marco do 8M. A profesora Ana Cabana Iglesia, coautora, fará a presentación no campus de Lugo dun libro que reivindica a figura e a personalidade dunha muller que abriu camiños na nosa universidade para todas as mulleres que viñeron despois.
Dirixido: toda a comunidade universitaria.
Datas: Día 9 de marzo de 2026 no Salón de Graos da Facultade de Humanidades
Organiza: Actividade das Comisións de Igualdade do Campus de Lugo, promovida pola Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades
Nomear para (re)coñecer no 8M. Facultade de Humanidades
Obxectivo: Situarase un panel na entrada da Facultade de Humanidades para que calquera persoa que entre nela poida poñer nun papel o nome das mulleres que foron inspiradoras ao longo da súa vida.
Dirixido: toda a comunidade universitaria.
Datas: Do 9 ao 13 de marzo de 2026 no vestíbulo da Facultade de Humanidades
Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades, promovida e desenvolta polas representantes do estudantado, Rebeca Rodríguez Barbeito e Xela Rodríguez Domínguez.
Lectura do manifesto polo 8M redactado pola Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU). Facultade de Medicina e Odontoloxía
Dirixido: toda a comunidade universitaria.
Datas: día 9 de marzo as 10:00h Na aula Castelao
Organiza: Facultade de Medicina e Odontoloxía
Saúde mental e control das mulleres que desafían os mandatos de xénero. Un encontro con Carmen V. Valiña arredor do seu ensaio As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936. Facultade de Psicoloxía
Obxectivo: Encontro con Carmen Valiña, autora do ensaio As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo, 1885-1936. Con esta actividade, a Facultade de Psicoloxía busca promover a lectura entre o estudantado, pero tamén fomentar o pensamento crítico. En concreto, aposta pola procura da igualdade entre mulleres e homes en tódolos ámbitos, reflexionando sobre o control exercido sobre as mulleres que desafían os roles e estereotipos de xénero, á vez que sensibiliza co tema da saúde mental e interpela ao estudantado de cara ao futuro exercicio profesional da psicoloxía.
Dirixido: Esta actividade vai dirixida a toda a comunidade universitaria, pero prioritariamente ao estudantado da Facultade de Psicoloxía.
Datas: 4 de marzo, as 17h, na sala de lectura da Biblioteca de Psicoloxía-Ciencias da Educación, sita no módulo central do complexo.
Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero e Comisión de Biblioteca.
Lectura do manifesto. Facultade de Psicoloxía.
Obxectivo: Lectura do manifesto co gallo do día internacional das mulleres, 8 de marzo de 2026.
Dirixido: Estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos.
Datas: 9 de marzo de 2025, 12h, diante do módulo A da Facultade de Psicoloxía.
Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero e Decanato, da Facultade de Psicoloxía.
Os coidados teñen rostro de muller. Facultade de Psicoloxía.
Obxectivo: Con esta actividade, un grupo de estudantes da materia Psicoloxía é Xénero de 4 curso de Grado en Psicoloxía, a través dunha presentación con datos (desagregados por sexo/xénero), vídeos de persoas que coidan, e unha entrevista á presidenta dunha asociación de persoas coidadoras. Con esta actividade preténdese visibilizar o drama que sofren as mulleres coidadoras, na maioría das ocasións non remuneradas. Ademais, búscase analizar as consecuencias emocionais, sociais e económicas desta carga, fomentar a reflexión crítica sobre os roles de xénero e a distribución desigual do traballo de coidado, e promover a sensibilización sobre a necesidade de políticas que recoñezan e valoren estes labores.
Dirixido: Comisión de Igualdade de Xénero e Decanato da Facultade de Psicoloxía. Actividade desenvolvida por un grupo de estudantes de 4º de psicoloxía como parte da súa formación, no módulo interactivo, da materia Psicoloxía de Xénero.
Datas: 9 de marzo, as 16h, no salón de actos do módulo A da Facultade de Psicoloxía.
Organiza: Comunidade universitaria, especificamente calquera estudante matriculado nos títulos ofertados pola Facultade de Psicoloxía.
Lecturas da biblioteca. Facultade de Psicoloxía.
Obxectivo: Con esta actividade, a Facultade de Psicoloxía busca promover a lectura entre o estudantado para fomentar o pensamento crítico. En concreto, fíxose unha selección de 16 libros, dos que temos exemplares na Biblioteca. Con esta selección de libros pretendemos explorar o xénero desde múltiples perspectivas: identidade, normas sociais, medios, historia, interseccionalidade e activismo. Algún destes textos cuestionan roles tradicionais (My New Gender Workbook, Ser mujer: el fin de una imagen tradicional), analizan opresións e privilexios (Afrofeminismo, Gender Norms and Intersectionality) e visibilizan voces silenciadas (Siempre han hablado por nosotras, Mujeres indígenas en defensa de la tierra). Algúns combinan teoría e práctica, invitando á reflexión persoal e colectiva (Manual de la feminista aguafiestas, Ver como feminista). A lectura propón pensar criticamente, desafiar estereotipos e conectar a teoría con experiencias actuais, fomentando unha mirada feminista e decolonial.
Dirixido: sta actividade vai dirixida a toda a comunidade universitaria, pero prioritariamente ao estudantado da Facultade de Psicoloxía.
Datas: primeira semana de marzo.
Organiza: Comisión Biblioteca da Facultade de Psicoloxía.