Ir o contido principal
STG
O manifesto de 2024 da RUD reitera a súa defensa dos dereitos LGTBIQA+ e condena o xenocidio do pobo palestino
Os balcóns de San Xerome exhiben as bandeiras LGTBIQA+

A Universidade de Santiago de Compostela adhírese un ano máis ao manifesto da Rede de Universidades pola Diversidade (RUD) que reafirma o compromiso das universidades a prol da "construción dun contorno universitario seguro, inclusivo e orgulloso onde todas as persoas poidan desenvolverse plenamente sen temor a ser obxecto de discriminación ou violencia".

Como recolle o manifesto, "a educación é unha das ferramentas máis poderosas para a transformación social" e neste senso reitera que a Universidade "como institución educativa, debe continuar fomentando unha capacidade crítica, reflexiva e analítica que permita a transformación para construír unha sociedade máis habitable para todas as persoas".

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2024.