Desde 2013, as oficinas de igualdade de xénero das universidades galegas colaboramos para facer realidade a Xornada Universitaria Galega en Xénero.
A sétima edición céntrase en visibilizar o impacto da actual crise sanitaria, social e económica nos ámbitos da violencia de xénero e da traxectoria investigadora das mulleres; así como na importancia da aposta por unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.
Obxectivos
- Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de calidade académica.
- Intercambiar experiencias entre o persoal docente e investigador que xa integre a perspectiva de xénero na súa práctica docente e/ou investigadora e quen teña interese en incorporala.
- Potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo.
- Promover a creación de redes de colaboración multidisciplinares para integrar a perspectiva de xénero na actividade universitaria.
Áreas temáticas
- Violencias contra as mulleres.
- Mulleres, investigación e COVID.
- Perspectiva de xénero na docencia universitaria.
Publicación
Realizarase unha publicación dos traballos presentados e defendidos (de forma oral ou na sesión póster) que disporá de ISBN.
- Libro de publicacións: Desigualdades de xénero en tempos de COVID
Prazo límite para presentar propostas de comunicación: 7 de maio de 2021.
A presentación de propostas será a través do envío do formulario de comunicación aos seguintes enderezos electrónicos, dependendo da área temática:
- Violencias contra as mulleres (oficina.igualdade [at] udc.gal (oficina[dot]igualdade[at]udc[dot]gal)).
- Mulleres, investigación e COVID (igualdade [at] uvigo.es (igualdade[at]uvigo[dot]es)).
- Perspectiva de xénero na docencia universitaria (oix [at] usc.gal (oix[at]usc[dot]gal)).