Ir o contido principal
STG
cociña tradicional

O curso que se oferta enmárcase no Plan para o Desenvolvemento de Microcredenciais Universitarias (Plan Microcreds), financiado a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, concretamente no Compoñente 21, Investimento 6.

Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar unha nova oferta de microcredenciais universitarias orientadas á recualificación da poboación adulta, mediante accións formativas breves, flexibles e modulares, enfocadas á adquisición de habilidades e competencias específicas demandadas no mercado laboral.

Neste contexto, o curso destínase especificamente á formación de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou mulleres en contextos de prostitución, usuarias dos servizos de Cáritas Diocesana de Santiago a través do Programa Vagalume.


A través desta acción formativa preténdese favorecer a formación en habilidades relacionadas coa cociña tradicional (manipulación de alimentos, conservación, cociña, etc.), co obxectivo de facilitar o acceso a un posto de traballo no sector da hostalería. Así mesmo, búscase promover a empregabilidade, a autonomía persoal e a inclusión sociolaboral, contribuíndo aos seus procesos de recuperación e empoderamento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2026.