O curso que se oferta enmárcase no Plan para o Desenvolvemento de Microcredenciais Universitarias (Plan Microcreds), financiado a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, concretamente no Compoñente 21, Investimento 6.
Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar unha nova oferta de microcredenciais universitarias orientadas á recualificación da poboación adulta, mediante accións formativas breves, flexibles e modulares, enfocadas á adquisición de habilidades e competencias específicas demandadas no mercado laboral.
Neste contexto, o curso destínase especificamente á formación de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou mulleres en contextos de prostitución, usuarias dos servizos de Cáritas Diocesana de Lugo, entidade que desenvolve unha labor de atención integral e acompañamento social con este colectivo. A través desta acción formativa preténdese favorecer a súa empregabilidade, autonomía persoal e inclusión sociolaboral, contribuíndo aos seus procesos de recuperación e empoderamento.
Programas e Contidos:
Módulo 1 Técnicas básicas de limpeza
Contidos: Tipos de limpeza; produtos; protocolos hixénicos.
Duración: 4
Módulo 2 Limpeza profesional de espazos
Contidos: Cociñas, baños, zonas comúns; desinfección.
Duración: 4
Módulo 3 Maquinaria e ferramentas
Contidos: Aspiradores industriais; fregadoras.
Duración: 4
Módulo 4 Sustentabilidade e xestión de residuos
Contidos: Produtos eco; reciclaxe; uso responsable.
Duración: 4
Módulo 5 Prevención de riscos
Contidos:EPIs; sinais; protocolos.
Duración: 4
Obxectivos:
Profesionalizar o servizo de limpeza garantindo hixiene, calidade e sustentabilidade
Competencias:
S6.11.10 Realizar operacións de limpeza
Metodoloxía:
O curso aplicarase cun enfoque activo, participativo e inclusivo, orientado á empregabilidade e á aprendizaxe por competencias. Combinaranse contidos teóricos e actividades prácticas, fomentando o desenvolvemento de habilidades dixitais, sociais, comunicativas e técnicas directamente aplicables ao posto de traballo.
Empregarase unha metodoloxía experiencial e significativa, con simulacións, estudo de casos, microproxectos e traballo en grupo. Promoverase o traballo colaborativo, o apoio mutuo e o desenvolvemento da autonomía persoal.
Terase especial atención ao apoderamento feminino, á autoconfianza e á toma de decisións, adaptando o ritmo e os materiais ás características das participantes.
As sesións serán principalmente presenciais, cun enfoque práctico e participativo, apoiadas en recursos audiovisuais e partindo sempre dos coñecementos previos do alumnado.
Prazo de Preinscrición: do 23 de febreiro ao 08 de marzo de 2026
Prazo de Matrícula: do 09 ao 13 de marzo de2026.
Criterios de Selección: Mulleres en situación de vulnerabilidade, que se atopan con dificultades para acceder a recursos formativos, laborais e sociais que lles permitan mellorar a súa autonomía e integración. Persoas entre 25 e 64 anos cumpridos na data de comezo do curso. A selección farase por orde de inscrición e terán prioridade as persoas usuarias dos servizos Cáritas Lugo.
Número de Horas: 20
Datas de inicio e fin das actividades formativas: do 23 ao 27 de marzo de 2026
Horarios:
9:30-13:30h.
Lugar: Facultade de Ciencias do Campus de Lugo