Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG
Cursa os teus estudos oficiais de grao, mestrado ou doutoramento na USC
Study Abroad

As persoas con estudos de fóra de España poden cursar estudos en titulacións oficiais da USC e recibir apoio e orientación nos seus trámites.

  • A equipa de Study Abroad ofrece orientación e apoio nas diferentes modalidades de acceso á USC.

    As persoas interesadas en cursar estudos poden transmitir as súas consultas referentes a:

    • Estudar unha titulación completa oficial de grao ou mestrado
    • Estudos de doutoramento 
    • Convalidar os estudos estranxeiros para finalizar o grao na USC 

    Ademáis, o alumnado poderá recibir axuda na tramitación de solicitude de visados.

    O contacto poderá facerse por correo electrónico, teléfono, presencial ou reservando unha cita virtual coas compañeiras Antía e Marina

  • Aínda que as datas de solicitude de acceso varían dunha modalidade a outra, cabe sinalar que tanto para mestrado como para doutoramento a USC lanza unha convocatoria anticipada exclusiva para o alumnado con estudos alleos ó Espazo Europeo de Eduación Superior

    O prazo das convocatorias ábrese normalmente entre febreiro e marzo.

  • Xa que os prezos públicos de matrícula varían dunha modalidade a outra, é recomendable que as persoas interesadas contacten coa equipa Study Abroad para recibir apoio e información individualizada.

    Como referencia, aquí están os prezos de matrícula do curso académico 2023/24 nas titulacións oficiais de grao e mestrado para o alumnado alleo e pertencente ó Espazo Europeo de Educación Superior (EEES):

    Alleos EEES
     
      Grao Mestrado
    Epígrafe A 1.089,20€ 1.160,89€
    Epígrafe B 783,20€ 854,89€
    EEES
      Grao Mestrado
    Epígrafe A 835,80€ 835,80€
    Epígrafe B 591€ 591€
  • Oficina de Captación Internacional

    Pavillón de Estudantes
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.11.2023.