A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao (AUIP) convocan 20 bolsas en virtude do convenio específico de cooperación académica universitaria.
Estas axudas están destinadas a cursar estudos de mestrado universitario durante o curso académico 2026-2027 e concederanse en réxime de concorrencia competitiva.
Están dirixidas a estudantes, profesorado e persoas egresadas latinoamericanas vinculadas a institucións asociadadas da AUIP.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 20 de marzo de 2026 ás 23:59h.
Para máis información, recomendamos revisar o documento completo da convocatoria.
Ademais, recoméndase que, de maneira paralela á solicitude da bolsa, se presente a solicitude de admisión ao máster no marco da Convocatoria anticipada de máster para estudantado de fóra do EEES para o curso 2026-2027, cuxo prazo remata o 10 de marzo.
A inscrición no programa de bolsas da Asociación Universitaria Iberoamericana de Postgrado (AUIP) non implica a admisión nun programa de máster da Universidade de Santiago de Compostela. Polo tanto, as persoas candidatas deberán tramitar necesariamente a súa solicitude de admisión ao máster, ben na convocatoria anticipada, ben na convocatoria ordinaria.
- Para consultas relacionadas coas bolsas: becas.master [at] auip.org (becas[dot]master[at]auip[dot]org)
- Para consultas relacionadas coa aplicación informática: adminweb [at] auip.org (adminweb[at]auip[dot]org)
- Para consultas relacionadas cos mestrados ofertados pola USC: study.abroad [at] usc.gal (study[dot]abroad[at]usc[dot]gal)