Ir o contido principal
STG
Convocatoria 2024/2025 para a realización de prácticas para estudantes de Grao e Máster en empresas ou institucións de países europeos a través do programa Erasmus+
Co-financiado pola UE

A USC convoca axudas para prácticas para estudantes de grao ou máster en empresas ou institucións de países europeos ao abeiro do Programa Erasmus+ (países membros da Unión Europea (UE), así como Noruega, Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Turquía e Serbia).

As prácticas poden realizarse en empresas ou institucións de diverso carácter e por un período mínimo de dous meses, entre o 15 de xaneiro e o 31 de xullo de 2025. 

As mobilidades para o período posterior, de xullo de 2025 a 2026 só poderán solicitarse posteriormente (previsiblemente en abril de 2025). 

Nesta páxina resúmese o programa; as condicións detalladas deben consultarse na convocatoria e as consultas dirixirse ao enderezo de correo erasmus.practicas [at] usc.gal.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2024.