Aquí podes encontrar outras oportunidades relacionadas con estadías no estranxeiro no ámbito da educación superior que se reciben na Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización.
A listaxe de opcións ofrécese exclusivamente a título informativo e a USC non se fai responsable da súa veracidade nin das condicións que delas se deriven.
XAPÓN: Waseda University
A Universidade de Waseda en Xapón ofrece bolsas financiadas polo goberno xaponés para estudos de mestrado e doutoramento. O programa inclúe o desprazamento en avión, gastos de matrícula e unha dotación mensual para manutención de dous anos no caso mestrado e de tres para doutoramento.
O prazo de solicitude para comezar os estudos en setembro de 2025 empeza o 12 e finaliza o 17 de decembro. Para máis Información consulta a seguinte páxina web.
CHINA: Bolsas do Goberno Chinés 2025-2026
As bolsas están dirixidas a persoas físicas de nacionalidade española ou dun país da Unión Europea que acrediten a súa residencia en España e que cumpran cos requisitos específicos exixidos para a modalidade da bolsa escollida.
Existen cinco modalidades: General Scholar Program, Undergraduate Program, Master´s Program, Doctoral Program e Senior Scholar Program.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de decembro de 2024 (inclusive).Para máis información consulta a páxina web do SEPIE e a páxina web da Oficina de Asuntos Educativos da Embaixada da República Popular China en España
COREA: Universidade de Ulsan
A Universidade de Ulsan en Corea ofrece un Campus de Verán dirixido a estudantes internacionais que busquen realizar una inmersión na cultura, lingua, historia e socidade coreana. O programa oferta un amplo abanico de actividades coma cursos especializados, viaxes e excursións que proporcionen ao alumnado un coñecemento integral de Corea.
O prazo de inscricións remata o 15 abril. Para máis información consulta a seguinte páxina web.
Buscadores:
http://erasmusintern.org
https://ec.europa.eu/eures/eures-searchengine
http://www.europlacement.com
http://www.kapstages.com/index.php?mode=ES
Empresas Europeas:
http://www.greatplacetowork.es/index.php
www.kompass.com/es www.europages.com
http://www.recruitingerasmus.com
http://ec.europa.eu/social/yourfirsteuresjob
Ofertas de prácticas da rede Universia: http://erasmusinandout.universia.es
Ofertas de bolsas da rede Leo-net: https://leonet.joeplus.org/en/offers
Ofertas de bolsas da rede IAGORA: http://www.iagora.com
Prácticas no Reino Unido: http://www.placement-uk.com; http://www.espauk.com/
Prácticas en Francia: www.directetudiant.com
Prácticas en Alemaña: www.praktikum-service.de
Prácticas en Finlandia: http://www.aarresaari.net/index.php?id=1&lang_id=1
Francia:
- 3° edición do programa de bolsas France Excellence Europa do Ministerio de Europa e Asuntos Exteriores francés para estudar un Máster nun centro de educación superior francés (solicitudes até 29 de marzo): Programa de becas "France Excellence Europa" | Campus France
Portugal
- BIP “Information Management in the Digital Era” (3 ECTS) na ISCAP – Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto de 29 de abril a 31 de maio de 2024 (solicitudes até 30 de marzo): https://forms.office.com/e/z6SrzGY9Q5?origin=lprLink
Indonesia:
- Bolsas Darmasiswa 2024 do Goberno de Indonesia para persoas interesadas na lingua e cultura indonesia nunhas 72 Institucións de Educación Superior (solicitudes até 07/04/2024): https://darmasiswa.kemdikbud.go.id/regulations/
Fundación Carolina:
- Programa de Jóvenes Líderes Iberoamericanos para participar durante dúas semanas en conferenciase e visitas a institucións e empresas en Madrid, Barcelona e Bruxelas: Curso Santander | Jóvenes Líderes Iberoamericanos 2024 - Fundación Carolina (santanderopenacademy.com) (solicitudes até 29 de abril).
Arxentina - Estadías de investigación na Universidad Nacional del Litoral (UNL):
- A Universidade Nacional do Litoral (UNL) convoca estandías de investigación no Instituto de Estudos Avanzados do Litoral (IEA Litoral). O programa está dirixido a investigadores de institucións estranxeiras que non residan en Arxentina, para realizar estadías na cidade de Santa Fe durante o año académico 2024, centradas no tema "Un futuro compartido: A mirada integral e global da saúde (saúde humana, ambiente e zoonosis)".
- As bolsas teñen unha duración total de 3 meses (dende o 1º de setembro ao 1º de decembro de 2024). As instancias online poderanse realizar ata o 30 de abril ás 15:00 horas de Arxentina. A información da convocatoria e os formularios de solicitude están dispoñibles no seguinte formulario.
México - Cátedra Grupo Compostela de Universidades 2024:
- Profesorado e persoal investigador das universidades socias do GCU en dereito internacional, arbitraxe internacional, marco legal do comercio internacional, dereito constitucional e dereitos humanos, dereito enerxético, ou dereito informático, pode optar a unha movilidad académica a realizar entre xullo e novembro de 2024 no Colegio de Ciencias Sociales y Humanidades de CETYS Universidad (México).
- Financiada pola universidade de acollida con 6.000 dólares ($USD) -$1.000 brutos e máximo $5.000 en especie para gastos de viaxe, aloxamento e mantenza: Cátedra Grupo Compostela de Universidades - Grupo Compostela de Universidades (gcompostela.org) Solicitudes antes do 3 de maio (12:00 PM)
CEDEFOP
- CEDEFOP (European Centre for the Development of Vocational Training) oferta 11 bolsas en diferentes áreas de coñecemento para comezar en outubro de 2024. Os candidatos poderán postularse para 3 proxectos.
- As solicitudes deberán presentarse a través de internet adxuntando o CV en inglés (preferiblemente no formato Europass) xunto cunha copia das certificacións académicas requeridas de grao, mestrado ou doutoramento en calquera idioma oficial da Unión Europea. O prazo de solicitude finaliza o 22 de maio. Para máis información consulta a seguinte páxina web.
España: Bolsas de voluntariado University Walking Community do Grupo Compostela de Universidades (GCU)
- O Grupo Compostela de Universidades (GCU) convoca a segunda edición do programa de voluntariado University Walking Community 2024 (UWC).
- O UWC 2024 vai dirixido á comunidade de entre 18 e 30 anos do GCU que desexe realizar accións de voluntariado durante 15 días ininterrumpidos, dende o 1 ata o 15 de agosto de 2024, en concellos ubicados no Camiño Francés ao seu paso pola Comunidade autónoma de Aragón (España).
- Disponse de 15 prazas, e a persoa voluntaria seleccionada recibirá uhna bolsa que cubre seguro de responsabilidade civil e accidentes, aloxamento, transporte local, participación nas actividades lúdicas e oturos beneficios segundo se establece nas bases do programa que se indican aquí.
- A data límite para inscribirse é o 10 de xuño de 2024 (12.00 PM GMT). Todos os detalles da convocatoria están dispoñibles na seguinte páxina web
República Checa: Bolsas de doutoramento no Centre for International Humanitarian and Operational Law (CIHOL)
- O CIHOL oferta dúas bolsas para estudantes de doutoramento a tempo parcial e unha bolsa a tempo completo na Facultade de Dereito da Universidade de Palacký nas áreas de conflicto e seguridade internacional e dereito humanitario internacional.
- As bolsas desenvolveranse entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de decembro de 2025. As candidaturas deberán ir acompañadas do curriculum vitae e dunha carta de motivación. O prazo de solicitude remata o 31 de maio para as bolsas a tempo parcial e o 15 de xuño de 2024 para a bolsa a tempo completo. Consulta máis información nas seguintes páxinas web: tempo parcial e tempo completo.
Brasil: Programa de Mobilidade do Grupo de Cooperación Internacional de Universidades Brasileiras ("GCUB-MOB")
- Está aberta a inscrición para a terceira edición do Programa de Mobilidade do Grupo de Cooperación Internacional de Universidades Brasileiras ("GCUB-MOB"). O programa ofrece prazas de posgrao e bolsas en Brasil para estudantes estranxeiros.
- Nesta edición, máis de 800 bolsas de Mestrado e Doutoramento serán ofrecidas en 55 universidades brasileiras con programas que comezarán no 2025. As bolsas, equivalentes ás pagadas aos brasileiros, terán unha duración semellante á regular do programa a ser cursado. Ao igual que na súa edición anterior, o actual proceso de selección buscará favorecer a diversidade de orixes, os países con menor IDH, os candidatos docentes, as candidatas e, finalmente, as vacantes que máis contribúan ao proceso de internalización da docencia no territorio nacional.
- A inscrición é gratuita e estará aberta ata o 17 xuño de 2024 a través da seguinte páxina web. O programa das bolsas está dispoñible nesta ligazón.
Alemaña:
- Lake Constance Summer School (former IBH Summer School). Programa combinado virtual e presencial de 29 de xullo a 21 de agosto: Four weeks of German language, History and Culture (estudantado da USC 490,00€): Lake Constance Summer School - Language, History and Culture | Lake Constance Arts & Science Association | Academic offer for international students | Study in Konstanz | International Office (uni-konstanz.de).
Concurso de redacción para estudantes Magna Charta Observatory (MCO) 2024
- Este concurso ofrece ao alumnado de calquera país do mundo a oportunidade de reflexionar sobre a inclusividade na Educación Superior. Os estudantes poderán facer achegas sobre a mellora no acceso á educación, tendo en conta a diversidade, para que prevalezan os principios de equidade e imparcialidade. A data de presentación de propostas remata o 5 de xullo de 2024. Consulta máis información na seguinte páxina web.
Colombia: Bolsa de reciprocidade para estranxeiros
- O ICETEX oferta un programa de reciprocidade dirixido a estranxeiros para cursar estudos de mestrado ou doutoramento en institucións Educación Superior públicas ou privadas en Colombia. Os beneficiarios poden ser alumando español ou alumnado pertencente a países non hispanofalantes.
- As bolsas terán a seguinte duración segundo o programa de estudos: perfeccionamento do español (ata 6 meses), mestrado (ata 24 meses), especialización (ata 18 meses) ou doutoramento (ata 48 meses). Consulta os requerimentos e prazos na seguinte páxina web
Young Envoys Scholarship (YES) Program
- A iniciativa Young Studetns Scholarships (YES) Program ten como principal obxectivo fortalecer as relacións entre China-Europa e Europa-China, especialmente para as xeracións máis novas. Este programa oferta diferentes programas de formación, prácticas, actividades de investigación para fomentar a integración cultural e as habilidades comunicativas.
- Este programa está dirixida a persoas entre 13 e 45 anos. Para consultar máis información visita a seguinte páxina web.