Skip to main content
STG

Novo éxito do alumnado da ETSE no V Hackaton Big Data & Analytics

V Hackaton Big Data & Analytics
V Hackaton Big Data & Analytics
A quinta edición deste hackaton, organizada polo Centro de Excelencia
en Intelixencia de Negocio (CEIN) de DXC Technology coa colaboración de FINSA,
celebrouse este fin de semana en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela

Un equipo de alumnos de doutoramento da ETSE, integrado por Marcos Fernández, Yago Fontenla,
Lorenzo Vaquero
e Nicolás Vila proclamouse hoxe vencedor no V Hackaton Big Data & Analytics. Todos eles son alumnos do Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información.

O desafío proposto este ano polo CEIN xirou en torno a un compoñente fundamental nos procesos da Industria madeireira 4.0: o proceso de impregnado de papel. A solución gañadora desenrola un modelo predictivo da calidade do proceso de impregnado de papel de FINSA baseado en Redes de Neuronas Convolucionais (CNNs) e computación no borde.

É o quinto ano consecutivo en que alumnado do noso centro participa exitosamente neste Hackaton. 

Marcos, Yago e Lorenzo son egresados do Grao en Enxeñaría Informática impartido na ETSE e,
adicionalmente, Marcos e Lorenzo son titulados do Máster en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data. 
Os catro membros do equipo gañador son ademais investigadores en formación no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC.

The contents of this page were updated on 05.22.2021.