Pasar al contenido principal
STG

Acreditación de lenguas

  • Nos estudos de grao podes obter o recoñecemento de créditos por competencias transversais en linguas que sexan estranxeiras para ti: dende os 3 ECTS polo nivel B1 ata os 6 ECTS do nivel C2, tanto pola realización dos cursos do CLM como pola acreditación do nivel.
  • No acceso a mestrados, a USC require o coñecemento dun idioma estranxeiro no nivel B1 ou B2, segundo a titulación de que se trate.
  • As convocatorias do programa de mobilidade saínte (outgoing) esixen que o alumnado acredite o dominio da lingua do país ou universidade de destino nun nivel B1 ou B2.
  • A USC esixe un nivel B1 de castelán ou galego ao alumnado estranxeiro para acceder aos estudos de grao (mobilidade entrante ou incoming).
  • A USC esixe un nivel B2 de galego (Celga 3) para o acceso a prazas de profesorado permanente, así como un diploma de español como lingua estranxeira de nivel B2 ou superior (para as persoas procedentes de países que non teñan esta lingua como oficial).
  • Certas prazas de PAS e PAI poden requirir algún nivel determinado de idioma estranxeiro.
  • Superar cursos de nivel impartidos polo CLM.
  • Superar as probas de acreditación de competencia lingüística (PCL) que organiza o CLM.
  • Achegar un título acreditativo recoñecido pola USC.
  • Superar algúns dos exames externos organizados na USC.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2024.