Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS: Doutorandos do Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte pero tamén dos seguintes: Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura, Programa de Doutoramento en Estudos Culturais, Programa de Doutoramento en Filosofía e Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural.
Localización
Santiago
Modalidad
Presencial
Duración
Horas presenciales: 10.5
Total: 10.5
Matrícula en la actividad
22/12/2023 - 09/01/2024
Desarrollo de la actividad
11/01/2024 - 06/06/2024
| Grupo | Lugar | Fechas | Horario |
|---|---|---|---|
| Seminario de Futuros Urbanos | Facultade de Xeografía e Historia. Aula 18 | 11 de xaneiro, 8 de febreiro, 7 de marzo, 4 de abril, 18 de abril, 16 de maio e 6 de xuño de 2024 | de 19:30 a 21:00h |
- Comprensíón sistemática da diversidade de campos de estudo e métodos de investigación de diferentes disciplinas das Ciencias Sociais, Artes e Humanidades e Ciencias da Terra.
- Capacidade de comunicación académica e científica e coa sociedade en xeral.
- Capacidade de realizar unha análise crítico e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
- Capacidade de formentar o debate, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
As diferentes sesións do Seminario de Futuros Urbanos (SFU) céntranse en liñas de investigación actuais das ciencias humanas e sociais (con vínculos coas ambientais) e cunha vontade dobre: de establecer un debate transdisciplinar aberto cos asistentes e fomentar unha divulgación e un achegamento da Universidade á sociedade civil. As persoas convidadas como conferenciantes presentarán algunhas cuestións de investigación e unha persoa do equipo de coordinación do SFU, moderará o debate cos participantes. Cuestións teóricas, metodolóxicas e empíricas serán abordadas cos obxectivos formativos de: (1) descubrir cuestións teóricas e metodolóxicas actuais de disciplinas como: Xeografía e Ordenación do Territorio, Historia da Arte, Historia, Estudos Urbanos, Estudos Culturais e Visuais, etc.; (2) compartir e debater as dificultades do proceso investigador; (2) fomentar o intercambio e o debate a partir de investigacións científicas en curso; (3) tecer redes investigadoras transdisciplinares; (4) favorecer a transferencia e a divulgación da investigación na sociedade civil.
Isto desenvolverase a partir do seguinte programa:
- Diego Cidrás (Universidade de Santiago de Compostela)
“Que natureza conservar tras o Antropoceno? Unha ollada crítica ás iniciativas rewilding en Europa” - Juan Gabriel Tirado (Universidade de Santiago de Compostela)
“Territorialización das actividades pesqueiras a través do desenvolvemento local participativo” - Gloria Cecília Figueiredo (Universidade Federal da Bahia)
“Metodoloxías do encontro” - Antonio Giráldez (Doutor en Arquitectura e Editor de Bartlebooth)
“Expediente Galicia bonita: do feísmo ao fermosismo?” - Alejandro Otero (Universidade de Santiago de Compostela)
“As comarcas galegas: un debate pechado?” - Rosa Cerarols (Universitat Pompeu Fabra)
“Habitar a terra nos espazos da cultura” - Aldara Cidrás (Universidade de Santigo de Compostela)
“Gráfica comercial e xentrificación en Compostela”
Sesión do Seminario de Futuros Urbanos. Este xoves 11/01/2024 . De 19:30 a 21:00. Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia:
Diego Cidrás (Universidade de Santiago de Compostela): “Que natureza conservar tras o Antropoceno? Unha ollada crítica ás iniciativas de rewilding en Europa”.
Para máis información, pódese consultar a web do SFU:
https://seminariodefuturosurbanos.wordpress.com/
Equipo de coordinación e Moderación das sesións (PDI USC/doutores): Cristina Botana, Brais Estévez, Ismael Yrigoy, José Ignacio Vila, Ángel Rodés y Viviana Buitrón
Ponentes (PDI/doutores e doutores non PDI): Juan Gabriel Tirado (USC); Diego Cidrás (USC); Gloria Cecília Figueiredo (Univ. Federal da Bahia); Antonio Giráldez (Doutor en Arquitectura e Editor de Bartlebooth); Alejandro Otero (Universidade de Santiago de Compostela) e Rosa Cerarols (Univ. Pompeu Fabra)
Ponentes (PDI non doutores e/ou profesionais recoñecidos): Aldara Cidrás (USC)