Esta actividade, organizada polo Grupo de Investigación Esculca (GI-1790), reúne investigadores/as do ámbito das ciencias da educación para debater e reflexionar sobre diversas temáticas clave na investigación educativa. Este Seminario conta coa participación de doutorandos/as que se atopan nunha fase avanzada da elaboración da súa tese doutoral, favorecendo así o intercambio de ideas, metodoloxías e resultados de investigación. O evento persegue os seguintes obxectivos: - Facilitar o diálogo académico entre investigadores/as e doutorandos/as sobre a investigación e a innovación educativa. - Poñer en valor o traballo doutoral nos Grupos de Investigación que pertencen ás Redes de Investigación (Rede RIES e Rede de Investigación UNIASC), coordinadas dende a USC. - Promover a reflexión crítica sobre diversos enfoques metodolóxicos e retos na investigación educativa. - Favorecer a difusión dos avances e achados das teses doutorais en curso. - Fomentar a colaboración e creación de redes entre especialistas do ámbito educativo para futuras iniciativas e proxectos de investigación. Alumnado obxectivo: estudantes da EDIUS [da área de Ciencias Sociais e Xurídicas e os/as estudantes das universidades participantes].
Localización
Santiago
Modalidad
Semipresencial
Duración
Horas presenciales: 10
Total: 10
Matrícula en la actividad
09/04/2026 - 19/04/2026
Desarrollo de la actividad
23/04/2026 - 23/04/2026
| Grupo | Lugar | Fechas | Horario |
|---|---|---|---|
| X Seminario de Doutoramento en Educación. A investigación educativa e a mellora de escolas e comunid | Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur), Universidade de Santiago de Compostela | 23 de abril de 2026 | 9.45 - 19.15 |
- Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito campo
- Capacidade para deseñar e desenvolver proxectos de investigación orixinais que contribúan ao avance do coñecemento en educación
- Capacidade de comunicación efectiva en contextos académicos e científicos, favorecendo a difusión do coñecemento
- Fomento da transferencia de resultados de investigación á práctica educativa e a diferentes ámbitos profesionais
9.45h-10.15 Inauguración
- Sra. Reitora (Universidade de Santiago de Compostela)
- Sra. Decana da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Santiago deCompostela)
- Sr. Presidente do Comité Científico (Universidade de Santiago de Compostela)
10.15h-11.00h Conferencia inaugural. Pensar o doutoramento en educación para a mellora de escolas e comunidades - Imparte: Profa. Dra. Marta Ruiz Corbella (Universidad Nacional de Educación a Distancia)
11.00h-11.45h Relatorio 1. Personalización de contidos con intelixencia artificial para fomentar a autorregulación nos deberes escolares - Imparte: Dna. Alejandra Castro Lorenzo (Universidade de Coruña)
11.45h-12.15h Descanso
12.15h-13.00h Relatorio 2. Os novos materialismos en educación: as pedagoxías salvaxes - Imparte: Dna. Judit Alonso del Casar (Universidad de Salamanca)
13.00h-13.45h Relatorio 3. A educación do carácter desde o sentido persoal donal. Unha ampliación en base ao pensamento de Leonardo Polo - Imparte: Dna. Cristina Ugarte Abollado (Universidad de Navarra)
16.00h-16.45h Relatorio 4. A comunidade nos proxectos de aprendizaxe-servizo universitarios. Unha proposta de desenvolvemento no ámbito familiar - Imparte: Dna. Tania Ramos García (Universidade de Santiago de Compostela)
16.45h-17.30h Relatorio 5. Aportacións psicosociais do canto coral: unha análise da creatividade, a autoestima e os beneficios percibidos en integrantes de agrupacións corais - Imparte: Dna. Helena Pardo Varela (Universidade de Vigo)
17.30h-18.15h Relatorio 6. Fracaso e abandono escolar: unha perspectiva etnográfica - Imparte: María Cristina Iglesias Barco (Universidad Nacional de Educación a Distancia)
18.15h-19.15h Conferencia de clausura. A tecnoloxía como un vieiro estratéxico para o avance da investigación educativa
*Imparte: Prof. Dr. Pablo Muñoz Carril. (Universidade de Santiago de Compostela)
19.15h Clausura
Participación activa nas sesións e debates, e informe final que recolla as principais aportacións do Seminario para a formación do/a doutorando/a.
Profa. Dra. Marta Ruiz Corbella (Universidad Nacional de Educación a Distancia)
Dna. Alejandra Castro Lorenzo (Universidade de Coruña)
Dna. Judit Alonso del Casar (Universidad de Salamanca)
Dna. Cristina Ugarte Abollado (Universidad de Navarra)
Dna. Tania Ramos García (Universidade de Santiago de Compostela)
Dna. Helena Pardo Varela (Universidade de Vigo)
Dna. María Cristina Iglesias Barco (Universidad Nacional de Educación a Distancia)
Prof. Dr. Pablo Muñoz Carril (Universidade de Santiago de Compostela)