Pasar al contenido principal
STG

Actualidad

Alfombra vexetal desenvolvida por investigadores da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC

Investigadores da EPS de Enxeñaría desenvolven tepes de sedum e planta ornamental para calquera tipo de cuberta

As alfombras vexetais sustentables deseñadas polos investigadores do Campus Terra da USC Adolfo López Fabal, Mª Isabel Iglesias Díaz e Santiago Lamosa, no marco dun convenio coa Xunta de Galicia, Fundación Juana de Vega e a empresa soberina A Man de Prado, Nuevos Jardines e Orgánica de Sustratos, reciben un premio á innovación produtiva no sector agrario

Leer más

Remesas de sustentabilidade ambiental cara a Iberoamérica

A Universidade Nacional de Ciencias Forestais (Unacifor) de Honduras súmase ao programa de doutoramento en Ciencias Agrícolas e Medio Ambiente da USC, coordinado polo catedrático Agustín Merino e a través do que máis dunha ducia de docentes e investigadores de universidades de países de latinoamericanos acadaron a súa capacitación como doutores desde 2017

Leer más