A Administración ‘recruta’ enxeñeiros agrónomos no Campus Terra da USC
O Corpo de Enxeñeiros Agrónomos do Estado ofrece un amplo abano de saídas profesionais para as persoas tituladas na EPS de Enxeñaría, a pesar de que apenas cubre un terzo das prazas de emprego público ofertadas nos últimos anos, subliñan a directora do Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal, Irene Suárez, e Joana Castro, funcionaria na Xerencia Territorial do Catastro en Lugo
Leer másAna Gude cre que en Dereito a investigación “debe seguir sendo un motor fundamental na nosa actividade”
A profesora tomou posesión do seu cargo como decana do centro tras resultar reelixida nas eleccións que tiveron lugar no mes de novembro
Leer másDocentes e investigadores da USC difunden o resultado dos seus traballos na serie ‘Universo sostenible’ de La2
O espazo multimedia xorde da colaboración das universidades da CRUE con RTVE e forma parte do programa ‘La aventura del saber’
Leer másAbre en Fonseca a exposición ‘Xéneros e números’ do escultor Álvaro de la Vega
A mostra poderá verse no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca ata o 25 de maio, de luns a venres, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.
Leer másA arte urbana mellora as cidades, crea conciencia e dá proxección mundial, salientan investigadoras da USC
O monográfico ‘Pegadas no muro: relatos e proxectos de arte urbana’ abordará en Humanidades o impacto cultural e socioeconómico deste fenómeno artístico en auxe
Leer másA USC conmemora un século dos estudos de Historia cun libro que revisa a súa evolución con miradas plurais
Ramón Villares dirixe a publicación, que inclúe biografías, testemuños de persoas que estudaron na Facultade e análises das particularidades das distintas épocas
Leer másOs Encontros de Lúa Chea chegan ao seu décimo aniversario cun coloquio sobre a pornificación cultural
A profesora Mar Pérez Fra modera este xoves, ás 19.30 horas, na cafetería da EPS de Enxeñaría, un coloquio no que Lorena Añón, Noa Lombao e Sofía Pérez afondarán no concepto de pornificación e o seu impacto na sociedade.
Leer másRelacionan o desgaste dental acentuado co consumo masivo de peixe na Pontevedra dos séculos XIII a XVII
Demostran por primeira vez que existe conexión entre a dieta característica da época medieval e moderna de Pontevedra cunhas lesións dentais concretas
Leer másOs Encontros na USC citan en Lugo máis de 450 estudantes de ensino medio
O programa ten continuidade este mércores cunha nova xornada de visitas ás diferentes facultades e escolas do Campus de Lugo na que participarán outros 500 estudantes
Leer másA realidade aumentada, unha ferramenta tecnolóxica máis para mellorar a aprendizaxe na Facultade de Enfermaría
A tese do profesor Carlos Rodríguez Abad revela que o estudantado amosa niveis moi altos de motivación e mellora no rendemento académico cando usa estas tecnoloxías emerxentes
Leer másAbril escénico na USC
A Aula de Teatro da USC desenvolverá ao longo do mes de abril unha intensa actividade escénica. Será a mediados de mes cando teña lugar en Lugo o Festival de Teatro Universitario e uns días despois en Compostela a Mostra de Teatro Universitario de Galicia. Estas dúas importantes citas completaranse con varios obradoiros de arte escénica, a iniciativa ‘escaparArte’ e a presentación do exercicio final da Escola de Teatro.
Leer másA I Xeira CLARIAH-GAL xunta en Compostela os grupos galegos que investigan no eido das humanidades dixitais
As persoas interesadas en presentar pósters de proxectos relacionados coas liñas temáticas sobre as que xira o encontro poden enviar propostas ata o venres 5 de abril
Leer más