Pasar al contenido principal
STG

Premio extraordinario de doutoramento 22-23

Publicada a listaxe provisoria de concesión de premios extraordinarios na convocatoria 2022-23, infórmase ás persoas interesadas que dispoñen dun prazo de dez días hábiles, dende o 22 de novembro ata o 5 de decembro de 2024, para formular alegacións a través do seguinte formulario: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/alegaPremios2022-2023.htm

As persoas interesadas recibirán unha mensaxe de correo electrónico no enderezo de correo electrónico que indicaron no formulario de solicitude coa ligazón de acceso ás puntuacións obtidas tras a valoración das comisións.

De acordo coa Normativa de Concesión do Premio Extraordinario e co Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela, convócanse os premios extraordinarios de doutoramento correspondentes ao curso 2022-23.

Calquera dúbida ou consulta sobre o procedemento débese realizar por correo electrónico, indicando a grande área de coñecemento correspondente ao enderezo da EDIUS edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es).

No Taboleiro electrónico da USC pódese atopar a normativa pola que se rexe a concesión dos premios neste ano, e a convocatoria cos seus anexos: o Anexo I coa distribución de subáreas; o Anexo II coas teses que optan ao premio; e Anexo III cos criterios de valoración das solicitudes.

O procedemento iníciase cun prazo de alegacións á listaxe de teses candidatas a premio (Anexo II) e aos datos consignados nesa lista, previo ao prazo de presentación de solicitudes. Tanto as alegacións como as solicitudes realizaranse a través dun formulario habilitado en Sede electrónica da USC. No caso das solicitudes, ademáis, cada persoa candidata deberá cubrir o Modelo de solicitude e subilo ao formulario de sede xunto coa documentación xustificativa de cada mérito.

  1. Prazo de presentación de alegacións ao Anexo II (Teses candidatas): 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria e os seus anexos no Taboleiro oficial. Do 8 ao 12 de xullo de 2024.

    Formulario en Sede para presentar alegacións á listaxe de teses candidatas (Anexo II) dos premios extraordinarios de doutoramento 2022-2023.
     
  2. Prazo de presentación de solicitudes ao Premio Extraordinario: o prazo para que os e as candidatos/as presenten a súa solicitude dará comezo unha vez que, estimadas as alegacións que procedan, publíquese, de ser o caso, un novo Anexo II. Desde o día seguinte ao da publicación deste novo Anexo II as persoas interesadas contarán con dez días hábiles para presentar a súa solicitude. Do 16 ao 30 de xullo de 2024.
     

Documentación da convocatoria