Ir o contido principal
STG

Ciclos de cine de catalá CineFilo (Facultade de Filoloxía)

Organizado pola Facultade de Filoloxía (Proxectos colaborativos culturais), CineFilo é un cineclub que quere ser un punto de encontro a través da arte do cinema das linguas e culturas que se ofrecen na facultade de Filoloxía ou ben no CLM, así como un espazo de colaboración e diálogo entre todos os membros da comunidade universitaria e veciñanza.

rganizado pola Facultade de Filoloxía (Proxectos colaborativos culturais), CineFilo é un cineclub que quere ser un punto de encontro a través da arte do cinema das linguas e culturas que se ofrecen na facultade de Filoloxía ou ben no CLM, así como un espazo de colaboración e diálogo entre todos os membros da comunidade universitaria e veciñanza.

A programación deste primeiro ciclo (xaneiro-maio 2023) consta de 9 filmes que contan con presentación, un coloquio posterior e, eventualmente, a presenza de directoras e membros do equipo técnico. A actividade é aberta e de balde, e ten lugar quincenalmente os martes ás 17:00 h no salón de Actos. O seu seguimento está, ademais, recoñecido pola Facultade de Filoloxía como formación.

Para máis información, podedes seguir a conta Instagram: @cineFilo.usc https://www.instagram.com/cinefilo.usc/

CAT-Ibèric (2023)

Segunda edición do Ciclo de Cinema CAT-ibèric coa participación das universidades de Granada e Autónoma de Madrid. En colaboración co Institut Ramon Llull, a Área de Filoloxía Catalá organiza, no marco das materias de catalán da Facultade e dos cursos do Centro de Linguas Modernas, o ciclo de cinema CAT-Ibèric 2023. O ciclo consiste na proxección de tres filmes e na súa didactización nas aulas, sendo o derradeiro deles, Sis dies corrents, proxectado en CineFilo coa participación da directora (canle youtube USC).

Contacto:  Arnau Vives: arnau.vives [at] usc.es (arnau[dot]vives[at]usc[dot]es), Dolors Perarnaur: dolors.perarnau [at] usc.es (dolors[dot]perarnau[at]usc[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.05.2024.